O día 5 de Febreiro celebrouse no Centro Cívico un acto público convocado por EU-IU baixo o título de "A realidade dos nosos servizos sociais". Un dos temas dos que se falou foi o Centro de día que o Concello pensaba construír no Cine Zárate. Aquí podes un vídeo de Pilar Díaz explicando a situación actual deste proxecto.
4 comentarios:
Está ben tentar xustificarse por ter votado en contra, como fixo IU, de que o Concello adquirise o Cine Zárate a custe cero, porque todos os cartos os puxo a Xunta (cando gobernaba o BNG).
Puxo os cartos con carácter finalista... é decir, para facer un centro de día. Pero non hai centro de día.
Porque a nova Xunta, do PP, así o decidiu.
Para comezar sería bo recordar que o proxecto ou a idea que tiña o BNG para ese lugar antes de chegar á alcaldía, era a construción dunha praza ou parque público tal e como dera a coñecer mesmo coa publicación dun deseño gráfico. Esta necesidade, a da praza ou parque público, era entendida tamén pola totalidade dos grupos que compoñían a Corporación de entón que xa a incluíran no Plan de Urbanismo que naquel momento estaba en fase de elaboración.
Coa chegada do bipartito ao goberno da Xunta, Anxo Quintana dende a súa Vicepresidencia de Igualdade e Benestar ( nalgunhas cuñas publicitarias institucionais dicíase, a Vicepresidencia de Igualdade e Benestar de Anxo Quintana) comezou a prometer Centros de Día por todas as partes e a Mugardos tocoulle un e, naqueles momentos a Xunta concedeu algo máis de 590.000 euros para a compra da finca do antigo Cine Zárate. Ata aquí todo moi ben.
Pero ao non se poder repetir a experiencia ou experimento do goberno bipartito na Xunta de Galicia, polo fracaso dos seus propios e múltiples erros, tráenos á situación na cal os actuais responsables do goberno autonómico parece ser que non teñen demasiado interese, si é que teñen algún, en dar cumprimento ás promesas ou compromisos dos seus antecesores. Tanto é así que, outro alcalde do BNG ao que tamén lle prometesen un Centro de Día, o alcalde de Sada, Abel Soto, decidiu finalmente realizar o proxecto con cargo aos fondos do Plan E do Estado españolista.
Quero rematar dicindo que non se optimizaron debidamente os recursos económicos facilitados pola Xunta posto que ao meu entender neste caso se pagou moi por enriba dos valores do mercado por unha finca que pola súa situación tampouco é o lugar máis indicado para materializar o proxecto que se persegue: UN CENTRO DE DIA
Posiblemente a finca do Pazo do Baño,por moitos motivos, tería sido o lugar máis axeitado.
¿ Estamos en tempo e con vontade de corrixir ?
Publicar un comentario