15 mar 2011

ASFALTADOS (POR CHAMARLLES ALGO)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que é xusto e obrigado recoñecer que en vós reside unha alternativa municipal, eu engadiría unha boa e necesaria alternativa para relevar ao actual goberno municipal do BNG, cuestión para min hai tempo tedes demostrada pero que entendo que a través do voso traballo en equipo e co soporte desta nova tecnoloxía da información estades a dar a coñecer a un amplo sector da cidadanía do noso municipio que espero e desexo sáibana valorar en clave electoral.

O anterior comentario vén a conto deste novo e rigoroso capitulo informativo que nos dades a coñecer baixo o epígrafe asfaltados ( POR DICIR ALGO...) ao que en canto aos recurso económicos, por ser unha cantidade algo máis que considerable,se podería engadir os máis dun millón e medio de euros ( máis de 250 millóns das antigas pesetas, de actualidade en Mugardos) achegados polo Estado a través do Plan E.

Anónimo dijo...

Un pouco en relación co comentario anterior, podemos dicir tamén que mediante o acceso ás novas tecnoloxías da información, ademais de permitirnos coñecer e opinar sobre a actividade municipal do grupo de Esquerda Unida, nos permite facelo tamén sobre a falta de rigor e credibilidade do noso alcalde, que a súa ansiedade mediática e declaracións públicas poñen constantemente en evidencia.

Por poñer un exemplo vou referirme a unhas declaracións que facía nos medios tradicionais de información escrita, concretamente no Diario de Ferrol e na Voz de Galicia en novembro do pasado ano, nas que referíndose ao abastecemento de auga a Franza, dicía:

1. Que coa realización desta obra se facía realidade un compromiso do programa electoral do ano 2007.

2. Que as devanditas obras supuxeran un gasto próximo aos dous millóns de euros. (máis de 300 millóns das antigas pesetas).

3. Que o 80%, ou sexa máis de millón e medio de euros, se financiou con cargo ao diñeiro que Reganosa ingresou nas arcas municipais en concepto de licenza de obras.


Pois ben, eu considero que ningunha das tres cuestións é certa:

1ª O compromiso de realización da devandita obra foi asumido polo alcalde na súa toma de posesión no ano 2003. Hai que recordar tamén que nese mesmo acto se comprometera a realizar outros proxectos que a día de hoxe non se cumpriron como a construción dunha Rotonda no Seixo, a construción dunha Praza Pública no centro de Mugardos, a elaboración dun PERI (Plan Especial de Reforma Interior) para o casco antiguo de Mugardos, etc. e outros que se perderon definitivamente como a construción do Parque Empresarial.


2ª O custo desta obra non supuxo tan esaxerada cantidade, nín moito menos.


3ª Polo dito anteriormente tampouco é certo que o 80% ( máis de 250 millóns das antigas pesetas) se aboase con cargo aos ingresos da licenza de obras da Planta de Gas e ademais a esas alturas xa estaban gastados, aínda que non sabemos como e onde se gastaron, os ingresos da citada licenza.

Na Pedreira parece que non.



Ata pronto