Como saúdo de benvida a este novo número de tan importante publicación, cal é para min PRAZA PUBLICA, e a xeito de participación quero escribir sobre outra preocupante situación como é o estado de abandono e paralización en que se encontra o proceso de construción do Museo Romano, dado que despois de máis dun ano de terse asinado o correspondente Convenio, concretamente o 12 de febreiro de 2010, non se fixo nada por ningunha das partes, ní tampouco nada se fixo por parte do goberno municipal, absolutamente nada, e isto é o máis grave e preocupante, para avanzar no cumprimento dos compromisos adquiridos para a execución deste proxecto e todo iso a pesar de que o alcalde, ante a denuncia desta lamentable situación por parte da Xunta de Galicia, publicada no Diario de Ferrol o día 14 de decembro do pasado ano, declaraba ao mesmo xornal que o proxecto de construción do citado Museo se desbloquearía en breve, sen dar ningún tipo de explicación ou xustificación razoable sobre o particular.
Eu entendo, e creo que o entende calquera, que se se pretende desbloquear algo será porque está bloqueado, e para facelo será necesario tamén saber onde e porqué está bloqueado, cuestión ao que o alcalde se manifesta co máis absoluto silencio.
Na miña opinión non existe xustificación ningunha ante esta desastrosa forma de actuar pero si entendo que hai explicación e non é outra que a falta de capacidade de xestión do goberno municipal do BNG, que non soamente afecta a este caso senón que leva tamén á paralización e mesmo á perda (leáse Parque Empresarial)de outros importantes proxectos.
1 comentario:

Ata pronto.
Publicar un comentario