Bo día. Espero e desexo que nestas próximas eleccións EU acade os obxectivos propostos. Dende hai uns anos non resido no pobo pero estou atento a todo cando sucede, tamén no eido político. Gustaríame comentar algo que dende o meu punto de vista peca EU. Dedicades, insisto que sempre dende a miña opinión, demasiados esforzos a todo o tema de urbanismo. Á vista está que a maoiria das propostas e denuncias de EU neste eido están perfectamente fundamentadas, pero dende fora semella que só tedes ollos para este tema. Propostas, pero de todo tipo, iso é o que demandan os cidadáns. O tema "del ladrillo" está moi gastado. ¿Educación? ¿Cal é proposta de EU? ¿Novas tecnoloxías?¿Cal é proposta de EU? ¿Terceira idade?¿Cal é a proposta de EU?¿Inserción laboral?¿Cal é a proposta de EU? Non dubido de que estos puntos xa están claros, ou deberían, pero á cidadanía NON lle chega. Penso que deberíades usar este blogue, e outros medios, NON PARA FALAR SÓ DO QUE XAN OU PERICAN FAN OU DEIXAN DE FACER, senón para o que EU fixo, fai e pensa facer. Por certo, son simpatizante de EU dende que son neno, pero por favor, un pouco de respeto á xente. ¡A foto da entrada anterior é unha vergoña! ¿É esta a postura de EU-Mugardos? ¿Mofarse dos outros partidos?. Así nunca deixaremos de estar onde estamos.¡Pídovos unha reflexión urxente!. Non se pode saír á rede internet sen pensar un pouco o que se vai facer.¿Ten EU-Mugardos un protocolo ou guía da presencia nas redes sociais e internet? Se a resposta é NON... Espero que tomedes estas letras como unha crítica constructiva. Saúdos.
Estimado Alberto: moitas grazas pola túa aportación e o teu compromiso có pobo de Mugardos. É certo que nos últimos anos tivemos que adicar moito tempo e esforzo ó tema do urbanismo, pero non por gusto, senón polas circunstancias. Dito isto, só podemos dicir que as túas críticas son inxustas. No último número de Praza Pública hai un artigo extenso (aínda que moi sintetizado por falla de espazo) adicado ó centro de maiores. Hai un cuarto do periódico adicado á Educación, con tres propostas ben fundamentadas e concretas sobre temas importantes. Hai tamén, coma sempre, información e propostas para as parroquias. Levamos meses, moitos meses, percorrendo o pobo e as parroquias, recollendo a opinión dos veciños e levando propostas concretas para problemas concretos. Pides que usemos este blog para dar a coñecer propostas serias. Alberto, ¿lés este blog? ¿Viches a cantidade de información, con enlaces a documentos, que contén? ¿Viches a presentación sobre asfaltados, viches a de seguridade vial? Pois son só dous exemplos. Por favor, Alberto, lé o "Praza Pública", lé as entradas todas do blog, mira as propostas que publicamos resumidas en Facebook... e despóis compáraas có blog do BNG e o do PP, que teñen unha calidade ínfima e se dedican á propaganda política extramunicipal e ó ataque personal. Parece que xuzgas todo este inxente traballo a partir da fotografía da entrada anterior. É unha montaxe fotográfica que pode gustar máis ou menos, que pode facer máis ou menos gracia, pero non é gratuita. O sr. alcalde merece todo o respeto como persoa, e non somos nós os que o insultan e calumnian. Agora ben, como tal alcalde e como político, merécenos moi pouco respeto. Xa dixemos públicamente que poderemos pactar con outras forzas políticas: có sr. Barcia xamáis. É el, non nós, quen goberna en minoría con prepotencia; é el, non nós, quen deteriorou a vida política de Mugardos; é el, non nós, quen por intereses electoralistas permite que unha cofradía relixiosa pase por entidade cultural e participe na Festa do Polbo. É el quen se convertiu nunha caricatura. Nós facemos política, facemos propostas e damos a coñecer a nosa actividade cun inxente traballo e sacrificio persoal, sen medios técnicos nin económicos, editando un periódico mensual que enviamos a CENTOS de mugardeses; administrando unha conta de Facebook e un blog que teñen unha calidade estética e de contido moi superiores ó de calquera outra forza política do pobo. E facémolo o mellor que podemos, aprendendo pola nosa conta, porque non somos periodistas, informáticos nin deseñadores profesionais. Espero que sigas colaborando e aportando as túas opinións, e que isto só sexa o comezo desa colaboración. Un cordial saúdo.
3 comentarios:
Mis mejores deseos de éxito político para la candidatura de EU. Cuantos muchísimos más les prestemos nuestro apoyo, mucho mejor nos irá en Mugardos.
Bo día.
Espero e desexo que nestas próximas eleccións EU acade os obxectivos propostos. Dende hai uns anos non resido no pobo pero estou atento a todo cando sucede, tamén no eido político. Gustaríame comentar algo que dende o meu punto de vista peca EU. Dedicades, insisto que sempre dende a miña opinión, demasiados esforzos a todo o tema de urbanismo. Á vista está que a maoiria das propostas e denuncias de EU neste eido están perfectamente fundamentadas, pero dende fora semella que só tedes ollos para este tema. Propostas, pero de todo tipo, iso é o que demandan os cidadáns. O tema "del ladrillo" está moi gastado.
¿Educación? ¿Cal é proposta de EU? ¿Novas tecnoloxías?¿Cal é proposta de EU? ¿Terceira idade?¿Cal é a proposta de EU?¿Inserción laboral?¿Cal é a proposta de EU? Non dubido de que estos puntos xa están claros, ou deberían, pero á cidadanía NON lle chega. Penso que deberíades usar este blogue, e outros medios, NON PARA FALAR SÓ DO QUE XAN OU PERICAN FAN OU DEIXAN DE FACER, senón para o que EU fixo, fai e pensa facer. Por certo, son simpatizante de EU dende que son neno, pero por favor, un pouco de respeto á xente. ¡A foto da entrada anterior é unha vergoña! ¿É esta a postura de EU-Mugardos? ¿Mofarse dos outros partidos?. Así nunca deixaremos de estar onde estamos.¡Pídovos unha reflexión urxente!. Non se pode saír á rede internet sen pensar un pouco o que se vai facer.¿Ten EU-Mugardos un protocolo ou guía da presencia nas redes sociais e internet? Se a resposta é NON...
Espero que tomedes estas letras como unha crítica constructiva.
Saúdos.
Alberto Permuy Leal
Estimado Alberto:
moitas grazas pola túa aportación e o teu compromiso có pobo de Mugardos. É certo que nos últimos anos tivemos que adicar moito tempo e esforzo ó tema do urbanismo, pero non por gusto, senón polas circunstancias. Dito isto, só podemos dicir que as túas críticas son inxustas. No último número de Praza Pública hai un artigo extenso (aínda que moi sintetizado por falla de espazo) adicado ó centro de maiores. Hai un cuarto do periódico adicado á Educación, con tres propostas ben fundamentadas e concretas sobre temas importantes. Hai tamén, coma sempre, información e propostas para as parroquias. Levamos meses, moitos meses, percorrendo o pobo e as parroquias, recollendo a opinión dos veciños e levando propostas concretas para problemas concretos. Pides que usemos este blog para dar a coñecer propostas serias. Alberto, ¿lés este blog? ¿Viches a cantidade de información, con enlaces a documentos, que contén? ¿Viches a presentación sobre asfaltados, viches a de seguridade vial? Pois son só dous exemplos. Por favor, Alberto, lé o "Praza Pública", lé as entradas todas do blog, mira as propostas que publicamos resumidas en Facebook... e despóis compáraas có blog do BNG e o do PP, que teñen unha calidade ínfima e se dedican á propaganda política extramunicipal e ó ataque personal. Parece que xuzgas todo este inxente traballo a partir da fotografía da entrada anterior. É unha montaxe fotográfica que pode gustar máis ou menos, que pode facer máis ou menos gracia, pero non é gratuita. O sr. alcalde merece todo o respeto como persoa, e non somos nós os que o insultan e calumnian. Agora ben, como tal alcalde e como político, merécenos moi pouco respeto. Xa dixemos públicamente que poderemos pactar con outras forzas políticas: có sr. Barcia xamáis. É el, non nós, quen goberna en minoría con prepotencia; é el, non nós, quen deteriorou a vida política de Mugardos; é el, non nós, quen por intereses electoralistas permite que unha cofradía relixiosa pase por entidade cultural e participe na Festa do Polbo. É el quen se convertiu nunha caricatura. Nós facemos política, facemos propostas e damos a coñecer a nosa actividade cun inxente traballo e sacrificio persoal, sen medios técnicos nin económicos, editando un periódico mensual que enviamos a CENTOS de mugardeses; administrando unha conta de Facebook e un blog que teñen unha calidade estética e de contido moi superiores ó de calquera outra forza política do pobo. E facémolo o mellor que podemos, aprendendo pola nosa conta, porque non somos periodistas, informáticos nin deseñadores profesionais.
Espero que sigas colaborando e aportando as túas opinións, e que isto só sexa o comezo desa colaboración.
Un cordial saúdo.
Publicar un comentario