
O xoves 9 de Xuño, ás oito e media da tarde, celebraremos no Centro Cívico un acto público aberto para coñecer a opinión das/os asistentes en canto a:
-Resultados das Eleccións Municipais (pincha aquí para acceder ós resultados)
-Posibilidades que se se abren con estes resultados.
EU mantivo contactos co PSOE e o PP para explorar as posibilidades de provocar un cambio de goberno en Mugardos, tal e como nos comprometimos a facer na presentación da candidatura e durante a campaña electoral. A día de hoxe, estamos pendentes da resposta que nos trasladará o PSOE tras a Asamblea de Afilidos/as que vai celebrar. Os contactos co P.P. quedaron suspendidos ata saber a disposición do PSOE a iniciar un diálogo para o cambio de goberno.
A nosa negativa a falar co BNG ten a súa raíz na decisión do BNG de non dar ningún paso para a modificar o rumbo do goberno que exerceu durante estes últimos anos, o que imposibilita que a día de hoxe poidamos iniciar conversas para falar de Mugardos.
6 comentarios:
A miña opinión é que o BNG, partido xeralmente minoritario en casi todos os concellos de Galicia, e que encima levou a cabo un pésimo labor de goberno en Mugardos, pois nada, non pactar absolutamente nada con esta forza, votar en contra na toma de posesión do alcalde nacionalista en funcións, Sr. Barcia, envialo á oposición, previo pacto co PSOE e co PP. Tampouco é a morte de ninguén. E polo menos lévase a cabo o cambio desexado pola cidadanía do Concello de Mugardos. Ademáis, ese foi o desexo dos votantes, así que un goberno "a tres" representa á inmensa maioría e ao pluralismo político do pobo de Mugardos.
Parabéns por ofrecer a posibilidade dun acto público aberto; xa vai sendo hora de construir espazos de diálogo e intercambio real coa didadanía. Temos voto, pero tamén voz.
De seguro que moi pronto veremos a Pilar, á quen non se lle coñece oficio nin traballou nunca, nalgún posto retribuido na Xunta de Galicia ou nalgunha das Deputacións Provinciais que controla o Partido Popular ( O máximo impulsor de Reganosa e que aínda acaba de darlle unha medalla Castelao a Roberto Tojeiro ).
Non se entende que a xente de Mugardos que leva 10 anos pelexando contra a Planta de Gas e vota a Esquerda Unida e participa nas asembleas, estea dacordo en apoiar ó Partido Popular de REGANOSA.
Pilar: imos estar moi atentos de que posto retribuido che dá o PP que de seguro será un posto no que non haxa que traballar moito
los concejales de EU prefieren ser expedientados o incluso expulsados antes de aceptar de ser compañeros de viaje del BNG
Podria ser la noticia que ocurra el sabado despues del pleno.
los concejales del EU prefieren ser expedientados o incluso expulsados antes de aceptar de ser compañeros de viaje del BNG.
Podria ser la noticia que ocurra el sabado despues del pleno.
Hacer siempre de muletilla barata por complicidad ideológica de izquierdas y para no dejar gobernar al PP se ha quedado obsoleto y resulta ya demasiado rancio hasta para los rojetes.
Publicar un comentario