
Pilar Díaz Otero, como portavoz do GM de EU demanda a convocatoria extraordina e urxente dunha xunta de portavoces para analizar a situación creada no servicio de atención a dependentes recoñecidos.
A situación crónica que se arrastraba neste concello de débeda de horas con arreglo ás horas recoñecidas a través do PIA, foi mitigada durante os meses abril, maio e xuño coa contratación do servicio dunha empresa privada.
Agora se resolve que as/os usuarios dependentes atendidos pola empresa privada se van a ver sin este servicio, o que perxudica gravemente ás familias.
Dada a gravidade da situación entendemos como imprescindible xa que a comisión de benestar social, aínda non esta constituida a convocatoria da xunta de portavoces extraordinaria e urxente para coñecer a magnitude das deficiencias no servicio de atención á dependencia e do servicio de axuda a domicilio básica.
Mugardos, 11 de xullo de 2011
Asdo. Pilar Díaz Otero ".
No hay comentarios:
Publicar un comentario