27 ago 2011

Barcia aproba os Presupostos coa abstención de PP e PSOE



















Os Presupostos do 2011 foron aprobados no Pleno de 26 de Agosto coa abstención do PP e do PSOE, os votos a favor do BNG e os votos en contra de Esquerda Unida. Para nós, son uns presupostos continuistas. O aforro do 23% con respecto ós presupostos de 2010 (que según o alcalde xa eran de mínimos, o que se contradi con este suposto aforro) explícase pola non inclusión de certas partidas que antes si aparecían: Área de Rehabilitación Integral, POS, abastecemento de auga en alta e campo de fútbol de herba artificial. Aínda que valoramos positivamente a aportación de 50.000 € para a atención á dependencia, queremos matizar que o servizo será prestado por un empresa privada, o que pode abrir o camiño á privatización, e que, de feito, 10.000 deles xa foron pagados á empresa privada nos meses de Abril, Maio, Xuño e Xullo. Tamén valoramos o incremento na partida de emerxencia social e axudas á escolarización, que sube o 100%, pero este incremento supón pasar de 11.000 a 23.000 € (0,4% do presuposto total). Aquí aparece un resumo con información detallada. Calquera consulta ou dúbida atenderémola con gusto.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa voltades ó NON. Así da gustiño, e así vai o pobo de Mugardos.

Artritris dijo...

Non creo que o pobo de Mugardos vaia como vai por causa de EU.

Anónimo dijo...

Artritis, menos mal que despertaches do letargo do BNG de Mugardos, porque antes da túa fuxida eran iguais que agora...

Anónimo dijo...

Postos así , eu diría que a culpa tena Zapatero.