Qué cambiou para que agora o BNG votase a favor? Quedaba a parte correspondente á Rúa Alta. O día 14 outubro a Comisión de Urbanismo aprobou por unanimidade recepcionar a urbanización “As Palmeiras”, paso previo para retirar as vallas e para iniciar os pasos precisos co fin de outorgar a licencia de 1º utilización. O noso grupo, dando continuidade ó traballo da anterior corporación, iniciou esta reclamando as xestións necesarias para recepcionar, entre outras, as ubicadas nas Palmeiras, Contramaestre Casado ou A Xesteira.
Deixando claro que cando o promotor non urbaniza e non hai posibilidades de seguir negociando a única vía e a execución do aval.
8 comentarios:
Efectivamente parece lóxico e coherente , e posiblemente tamén de obrigado cumprimento , que por parte do goberno municipal procédase á execución do aval.
Ademais do anteriormente exposto haberá tamén que esixir do goberno municipal que emprenda as accións necesarias para que se cumpran por parte dos promotores da urbanización , os deberes de cesión ao Concello contemplados no Proxecto de Compensación.
Non se procedeu á devolución do aval.Porque o aval está suxeito a tódalas actuacións, é dicir non só á urbanización.A compensación aprobada foi un baixo nun dos edificios. Agora toca axilizar os traballos pendentes para rematar o baixo, sin non esta nas condicións pactadas na compensación.Só así se lles podería devolver a totalidade do aval.
Pareceme ben que dende a oposicion se traten de solucionar os temas que foron quedando parados.
Outra das obras pendentes e a demolición da cuberta do edificio dos Catro Camiños.según consta en algun documento oficial do concello, esta edificación pasouse moito na altura.claro que aqui temos un problema, xa que o arquitecto é un compañeiro de cofradía do Sr. barcia.
En canto ao comentario da resposta do alcalde no Pleno , onde di 30 de agosto debe dicir 30 de setembro .
Feita a aclaración , pido desculpas polo erro inicial.
Nuns días intentaremos clarexar a cuestión plantexada sobre a demolición da cuberta do edificio de Catro Camiños.En canto teñamos a documentación necesaria o publicaremos.
Pola cantidade e variedade de temas municipais que estamos a coñecer a través deste blog, puidésemos chegar á conclusión de que o goberno municipal do BNG está desbordado en todas as vertentes da súa xestión polo tanto , e este é o caso , tamén en materia urbanística sobre a cal o alcalde , no Pleno Ordinario do pasado 30 de setembro ,ante unha pregunta do portavoz do grupo socialista , evidenciou coa súa resposta un total descoñecemento do tema :
Pregunta do Sr.Fernández Coba :
Hai algunha noticia nova sobre o Castelo da Palma ?
Resposta do Sr. Alcalde :
En canto ao Castelo da Palma, pois nós sabemos o que sabedes todos, Costas informou favorablemente. Tramitouse a modificación puntual , se remiteu ao ministerio, e se está pendente de que o Consello de Ministros diga se sí ou non. En todo caso , se o PSOE como anunciou xa nas eleccións ou antes das eleccións municipais que xa estaba amañado , imaxino que antes de que rematen o mandato da lexislatura darán o sí.
A pregunta do portavoz do grupo municipal socialista parece normal . O que sí xa non parece tan normal , nín moito menos , é a resposta do alcalde .
Para intentar comentar o acontecido con certo grao de racionalidade, hai que dicir en primeiro lugar que o alcalde está obrigado a coñecer os procedementos e as normativas básicas en materia de urbanismo e sobre todo , como é o caso , daquelas cuestións que están en proceso de trámite , ou sexa a Modificación Puntual do PXOM para o cambio de usos nas instalacións do Castelo da Palma .
O alcalde do BNG no Concello de Mugardos debese de saber que dita Modificación Puntual está sín aprobar definitivamente , posto que ata agora só está materializada a Aprobación Provisional que tivo lugar na sesión extraordinaria da Corporación Municipal correspondente ao pasado 2 de agosto.
Parece que tampouco sabe o alcalde de Mugardos que a Aprobación Definitiva correspóndelle á Consellería de Medio Ambiente , Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia , e isto é moi lamentable posto que a consellería dispón do prazo legal de tres meses para emitir o informe favorable . Si transcorren tres meses desde a entrada do expediente completo no Rexistro da citada consellería sín que esta comunicase a resolución, sempre que a Modificación Puntual conteña os documentos e determinacións preceptivas , entenderase outorgada a Aprobación Definitiva , cuestión que adoita suceder si o concello en cuestión, tal e como ocorre neste caso, non mostra interese en axilizar o proceso e acurtar tempos .
Bo , xa van máis de dous meses desde que se producise a Aprobación Provisional e todo parece indicar que o goberno municipal do BNG non se moveu.
Haberá que recordarlle o daquela fermosa canción , “ A Santiago vou lixeiriño …¡¡ …corre Carmela que chove .. !!
Logo de que a Xunta resolva favorablemente a Aprobación Definitiva, ten que ser ratificada polo Pleno da Corporación Municipal e posteriormente publicada no Diario Oficial de Galicia .
Só a partir dese momento os promotores , se manteñen o interese de realizar as obras de transformación do Castelo da Palma , deben de solicitar en tempo e forma a correspondente licenza de obras ante o Concello , sendo á vez preceptivo neste caso o informe favorable de Costas do Estado e , no seu caso , do Consello de Ministros.
En relación ao comentario do 18 de outubro e concretamente ás condicións en que o promotor da urbanización “As Palmeiras” ten que entregar ao Concello de Mugardos o baixo que lle corresponde en propiedade de acordo co establecido no Proxecto de Compensación , espero e confío en que se faga un seguimento rigoroso do tema para que non ocorra o que parece ser que ocorreu co edificio nº7 da rúa do Peteiro onde tamén lle correspondeu un baixo ao Concello e que , ao non serlle entregado nas condicións establecidas tivo que acondicionalo pola súa conta e cos traballadores municipais . Cuestión esta última que espero quede esclarececida como corresponde.
Sería bo e á vez de agradecer que Daniel fose un pouco máis preciso no do edificio de Catro Camiños e díganos concretamente de que edificio se trata . Porque si o que di do edificio no seu comentario é certo,cuestión que eu non poño en dúbida , o feito non pode quedar pechado cun comentario nesta páxina .
Publicar un comentario