5 oct 2011

TANQUE DE TORMENTAS

Momento decisivo para a definitiva ubicación do tanque de tormentas imprescindible para o funcionamento da EDAR. A posición de EU é a seguinte:

A súa ubicación ten que ser no Parque da Constitución, tal e como se aprobou no pleno do Concello. A execución da obra de instalación da tubería debe ser polo mar, evitando levantar todo o peirao.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Non é nada complicado chegar á conclusión de que en principio a Esquerda Unida asístelle toda a razón e o dereito a reformular esta cuestión, pués é lóxico pensar que si foi aprobado polo pleno da Corporación Municipal , razóns de peso e interese xeral concorrerían na proposta que , ao ser aprobada polo máximo órgano de representación do Concello é de obrigado cumprimento para o goberno municipal e que por iso está obrigado a realizar as xestións oportunas ante a administración responsable da obra, neste caso a Xunta de Galicia.

Un caso similar produciuse no veciño Concello de Ares e o goberno municipal , non sei si con acordo plenario ou non , realizou as xestións oportunas e necesarias para que se tivesen en conta as propostas e intereses municipais á hora de executar as obras, cuestión que deu moi bos resultados para os intereses de Ares.

De todos os xeitos a carencia de valores e ideas que parece afectar profundamente ao goberno municipal do BNG faime pensar que de solucionarse o problema , cuestión máis que desexable , non se fará coa axilidade e eficacia con que se produciu en Ares posto que aquí en Mugardos , ademais do apuntado anteriormente o goberno municipal está afectado tamén por falta de axilidade e dinamismo na xestión.

Para apoiar as palabras cos feitos non hai máis que recordar , por exemplo , que a mediados do pasado mes de agosto e logo dunha denuncia veciñal , o alcalde de Mugardos, con grandes titulares de prensa , anunciaba a apertura dun expediente sancionador por “ infracción ambiental “ por vertedura de augas fecais na ensenada do Baño á empresa que está executando as obras de conexión do noso municipio coa Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) .

Póis ben , ata a data nada se sabe do devandito expediente .

De calquera xeito hai casos máis preocupantes pendentes de resolver , polo menos polo tempo transcorrido , como pode ser doutros anuncios de apertura de expedientes como o seguinte :


LA VOZ DE GALICIA , 19/01/2008
Manifestacións do alcalde en relación a unhas obras no Pazo de Rilo :

….. Además, «hai unha edificación que está fora do proxecto», por lo que se podría abrir un expediente de sanción a los promotores. «O que non podo facer», concluyó el alcalde, «é incumplir a lei» y dar la licencia.



LA VOZ DE GALICIA , 22/01/2008
Manifestacións do alcalde sobre o mesmo tema :
Mientras tanto, el alcalde, Fernández Barcia, apuesta por «buscar solucións» para los de Rilo, «mirar se se pode dar parcialmente» la licencia reclamada…. y «abrir un expediente sancionador» al empresario por las partes incumplidas del proyecto, entre las que describe la urbanización de las zonas de cesión pública derivadas de la obra y la existencia de una construcción adicional no recogida en el plan presentado al Ayuntamiento.


DIARIO DE FERROL , 08/02/2008
Manifestacións do concelleiro de Urbanismo sobre o mesmo tema :

……. Pero, no por ello, el Consistorio está dispuesto a archivar el requerimiento que en su día formuló contra la instalación de una carpa que se localiza dentro del complejo, y sobre la que la dirección de Patrimonio de la Xunta también se ha pronunciado en contra. Este aspecto fue confirmado ayer por el responsable de Urbanismo del gobierno de Mugardos, José Antonio Bouza, que sobre el mismo añadió que el Ayuntamiento mantiene abierto el expediente contra la instalación de la citada estructura.



Todo apunta a que non estamos pendentes da resolución do expediente X , senón máis ben a de x expedientes.

Anónimo dijo...

Como propietario de una vivienda en la Avenida del Mar no estoy de acuerdo con que me abran la calle (otra vez) con la profundidad que se supone (4 o 5 metros por lo menos) para que con las vibraciones de la obra se me agriete la estructura y la fachada, por cierto subvencionada con dinero del Ayuntamiento para rehabilitar el casco antiguo. Además somos muchos los vecinos que hemos pintado nuestras casas y emplastecido y cambiado las cubiertas por los daños del Klaus y no estamos por la labor de que se nos vuelva a reventar la estructura. ¿El Ayuntamiento volvería a pagar los daños y daría nuevas subvenciones para lo mismo? ¿No sería un despropósito malgastar así el dinero? Me niego a tener que esperar otros 2 años por el permiso de Costas y 3 por la licencia de obras del Ayuntamiento.

EU-IU dijo...

En Ares non se levantou o muelle. Hai outras opcións, como levar a tubería ata o parque da Constitución pola marea.

Anónimo dijo...

Efectivamente , en Ares o goberno municipal soubo facer as xestións necesarias en tempo e forma para que as tuberías fosen instaladas pola praia .

Anónimo dijo...

Tendo coñecemento das accións emprendidas polo Club do Mar en canto á localización da Estación de Bombeo das obras da EDAR , acordada entre a empresa construtora e responsables municipais tal e como consta na información facilitada pola devandita sociedade deportiva , ocórreseme preguntar como é posible que unha actuación pública dese calado non sexa tratada como cómpre por parte dos responsables municipais ?

Entendo que do mesmo xeito que en principio se fixo coa localización do Tanque de Tormentas , hai que facelo tamén neste caso trasladando o tema ao Pleno da Corporación Municipal e incluso darlle audiencia ás partes afectadas polas obras .

Anónimo dijo...

O certo é que o tanque de tormentas do peirao ven sofrindo modificacións na súa ubicación dende faí un ano aproximadamente.Os/as veciños/as tiveron unha reunión coa empresa adxudicataria das obras, augas de Galicia e o Concello para mostrar as súas preocupacións. E que hoxe non este instalado no Cantón de Cora se debe á firmeza das veciños/as.
A día de hoxe, os grupos municipais por unanimidade rexeitaron a ubicación proposta no documento que divulgou o Club do Mar.
O que cabe preguntarse é unha postura de forza ou é de postín?Porque si non, non chegamos a comprender o por qué dese documento e das idas e voltas do goberno municipal.
Esperamos que os/as veciños/as conquiran que a ubicación sexa donde está aprobada, é dicir no Parque da Constitución.

Anónimo dijo...

Aínda que non é a primeira vez que isto ocorre , posto que é un hábito , non deixa de sorprender que o alcalde de Mugardos en contra do acordado polo Pleno da Corporación Municipal , acorde posteriormente coa empresa responsable das obras unha localización distinta e contraria á acordada polo máximo órgano de representación municipal e agora ante a presión social , polo conduto mediático tamén habitual , a prensa ( Diario de Ferrol do 28/10/2011 ), quéiranos facer crer que agora avala a postura dos veciños que precisamente é coincidente coa acordada no seu día polo Pleno.

Hai quen entenda isto ?