
A primeira opción de EU foi que a totalidade dos cartos correspondentes ó POS 2012 fosen para investimento en obras, fronte á proposta do goberno do BNG de adicar o 60% a gasto corrente.O segundo paso foi priorizar que as obras a executar fosen de abastecemento de auga, saneamento ou aforro enerxético. Asi propuxemos: Abastecemento de auga en Teupoeira e Camiño do Galán, Saneamento nas Escadas e Renovación do alumeado do barrio das Casas Baratas con LED, fronte á proposta do grupo do BNG, que era urbanizar o vial que da acceso ó Campo Municipal de Herba Artificial. Despois da intervención do grupo de goberno sobre a inexistencia de terreos para poder executar o bombeo necesario para o saneamento das Escadas, o que imposibilitaria executar a obra, o noso grupo propuxo a Renovación do Saneamento da Xesteira e a renovación da tubería de fibrocemento de auga na Avda. de Galicia, suprimindo a obra de saneamento das Escadas.
Despois de varias reunións entre tódolos grupos municipais e novas propostas de EU, entre elas a recollida das augas pluviais da Xesteira para evitar as inundacións, aprobouse incluír no POS 2012 o seguinte:
-Auga Abeleira e Camiño do Galán: 71.250€
-Saneamento e Pluviais na Xesteira: 38.950€
-Pavimentación da Trav. Da Pedreira, Trav. Da Portela e Trav. Do Instituto: 32.513€
-Aportación Estado+Deputación: 142.713,76€
-Aportación Municipal: 7.511,24€
-Total: 150.225€
O RESTO DA INFORMACIÓN, AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario