
Tiñamos razón cando dixemos que existía cobro indebido na piscina municipal. Segundo o informe da interventora municipal, os usuarios maiores de 18 anos, cando dependen económicamente da súa familia, entran no abono familiar.
Os usuarios afectados deben reclamar o cobro indebido no Rexistro do Concello. Recomendamos que leve os recibos e matrículas de pago, e un documento (p.e., declaración da Renda), que acredite que o fillo está a cargo da súa familia.
Cabe destacar que o goberno municipal non se moveu ata que recibiu por escrito as queixas dunha "veciña" moi coñecida no Concello.
2 comentarios:
Unha vez máis hai que recoñecer e agradecer o traballo que está exercendo Esquerda Unida no Concello de Mugardos , os feitos falan por si sos e saltan á vista , por iso penso , con todo respecto , que hai que ser moi necio para non recoñecelo así .
Finalmente creo recordar que o tema que nos ocupa , “ O COBRO INDEBIDO NA PISCINA “ , fai meses que fose denunciado precisamente por Esquerda Unida ante o goberno municipal do BNG . Por iso considero procedente por ser de xustiza , devolver ás persoas afectadas as cantidades cobradas de máis .
Ademais de coincidir e estar de acordo co comentario anterior , principalmente en canto ao excelente e rigoroso traballo que está realizando o grupo municipal Esquerda Unida como grupo de oposición no Concello de Mugardos , penso que ademais do mérito de facer ben o seu papel , que non hai que deixar de recoñecelo , teñen ao seu favor o feito de que a calamitosa xestión que está realizando o goberno municipal do BNG estalles facilitando un amplísimo espazo de actuación, que ademais se incrementa co que parece a renuncia do grupo municipal do PSOE a exercer a oposición .
Publicar un comentario