5 dic 2011

INVIABLE POR MAR: BOMBEO NO PEIRAO










Hoxe houbo unha Xunta de Portavoces para analizar a ubicación do bombeo no peirao. Os estudos técnicos da Xunta de Galicia descartan por inviable a execución polo mar, xa que no sondeo realizado aparece un esquisto grao II-III a unha profundidade de 6mts. que fai imposible o fincado das tablestaca. A ceo aberto non se pode executar.

Asi que queda descartada a opción do proxecto (Parque da Constitución) por descoñecer se as estructuras das vivendas soportarían as descomprensións dos terreos. Descartada a Alternativa 1: Fronte á Casa da Serea, xa que presenta o risco da proximidade das vivendas; descartada a Alternativa 2: Fronte ó Club do Mar polo inconvinte que supón instalar un centro de transformación de 2x5 por 2 metros de altura. Só queda unha alternativa viable que é, segundo a Xunta, no Bombeo Existente, cunha soa estructura en superficie, que son os cadros eléctricos que quedarían integrados nunha estructura de madeira ou pedra.

Despois de máis de 4 anos e sen informe técnico algún por parte do Concello, por negarse BNG, PP e PSOE a que o Concello encargase un informe que analizase as alternativas, chegan á conclusión de que as primeiras opcións baralladas eran as máis inconvenientes: Parque da Constitución e Casa da Serea.

En fin, a ubicación que agora se defende por parte da Xunta é a mellor? Ou a mellor eran as outras que tanto defendeu a Xunta con anterioridade? Qué papel xogou o Concello e máis concretamente o grupo de goberno en todo isto?


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu como veciño dispoño da información que nos fora facilitada polo Club do Mar en canto a que responsables municipais, enténdase goberno municipal do BNG , habían chegado a un acordo coa empresa construtora das obras da E.D.A.R. para situar o devandito tanque fronte ao propio Edificio do Club do Mar.

Polo tanto , que eu saiba , este foi o único papel que xogou o grupo de goberno , chegar a un acordo coas pretensións da empresa construtora.

Anónimo dijo...

O que está claro é o papel de EU en todo isto: sempre ten que diferenciarse asumindo o papel de defensor dos veciños, teñan ou non razon. Dende logo oportunista é moito (coma sempre) xa que desde fai anos EU non pediu ningun informe tecnico do Concello ata que alguns veciños protestaron pola ubicación (upss hai que aproveitar o momento!!!)Como EU sabe que esa é a mellor opcion (porque levabamos anos votando a merda directamente ó mar e ninguen dixo nin pío)nunca ir no consenso, porque de ahí non se quita rendemento, e dende logo ningun voto de descontentos (que serán de calquera partido menos de EU, e iso ten dobre valor). Está claro que EU sempre é a do NON. A de rascar un voto alí donde sexa posible, sempre contracorrente, ainda que non leve razón.Iso é o de menos. O de máis e desmarcarse. Ahí está a diferencia, o que marca a distancia con outros partidos. Non nos extraña que o PP non vos deixara gobernar,porque vían ben que tiñan o zorro a gardar as galiñas. E ainda encima queriades ser o galo do galiñeiro!!! Pilariña alcaldesa!!!??? Non todo vale en política: quedar ben e adular o descontento non sempre é actuar con responsabilidade.Pero xa se sabe que EU vive diso, senón non tería razón de existir.

Juan Casal Lamas. dijo...

Como inxeñeiro podo dicir que os anteproxectos son estimacions sobre o plano, o feito de propor unha ubicacion non garantiza na práctica que ó analizar as condicions xeotécnicas do solo se deduza que os sustratos nos que asentan non son válidos para obrar, dado que teñen que ter unhas condicions específicas e solidas para evitar que asenten as estruturas adxacentes.Polo que se di, a opcion é poñer o bombeo na zona onde xa estaba a instalacion antiga. Sen dúbida é a opcion mais conservadora e menos perigosa, xa que é a máis alonxada da fachada marítima. O certo é que non semella que EU defenda outra ubicación mais que polo argumento da critica vecinal.Cando eso combate os argumentos técnicos só con palabras é dificil xustificar a negativa pola negativa. Por outra banda o Concello non pode facer contrainformes se non sabe para que.¿Para avalar o apoio ós veciños? Iso está xustificado só cando unha obra ten unha perigosidade obxectiva,caso que dende logo non ten un bombeo.

EU-IU dijo...

A proposta de ubicación conservadora e menos perigosa, é dicir donde esta a antiga é a cuarta opción barallada pola Xunta. O Concello aprobou no ano 2007 por unanimidade a ubicación no Parque da Constitución.O aprobou sen informe técnico algún, como por exp. fixo o Concello de Fene.Aprobamos, polo tanto a necesidade de depuración das augas. Este anteproxecto, sufreu modificacións "pola presión dos veciños do Seixo" xusto cando se ía empezar a executar o bombeo (recordar que a ubicación acutal sobre a praia non era a que viña no proxecto).Entón podemos decir, que BNG,PP,EU,IpM e PSOE actuaron para adular o descontento veciñal e sumar votos ou por respnsabilidade?Xa que todos sen fisuras dixeron NON á ubicación proposta pola Xunta no Seixo e está se cambiou.Voltando ó peirao de Mugardos, a 2ªproposta pola Xunta foi a Casa da Sirea, defendendose por parte da Xunta nunha reunión con veciños e grupos municipais que era a mellor opción porque non había risco algún.Agora parece que si os había ou foi a presión veciñal e o apoio dos grupos municipais BNG,PP,EU e PSOE ás demandas veciñais o que fixo buscar novas ubicacións.Entón podemos decir que os grupos municipais actuaron para adular ós veciños e conquerir votos ou actuaron con responsabilidade? A 3ª opción da Xunta foi cerca do Club do Mar porque era a mellor, agora xa non é a mellor polo transformador e o posible malestar veciñal di a Xunta ó ter un transformador preto do Club do Mar. Roca posicionouse timidamente a favor, pero o PP propuxo que se estudara Puerto Ratón,EU propuxo como fixera faí máis de 7 meses que se estudara a conducción por mar dende o Parque da Constitución para non ter que levantar o peirao, o PSOE propuxo saber con exactitude por qué non se podía facer no Parque da Constitución e apoiou que se estudase a ubicación en Puerto Ratón e o Alcalde apoiou que se estudara en Porto Ratón e dende o Parque da Constitución por mar. Podemos decir que adularon ós veciños para gañar votos todos os grupos municipaisou actuaron con responsabilidade?Dende faí máis dun ano EU ven solicitando que o Concello fixera o estudo da condución por mar polo perigo que supoñía executar a obra, tal e como viña aprobada que era levantar o peirao. Pero en fin parece que interesa remarcar a etiqueta do NON para EU e a etiqueta da RESPONSABILIDADE para o resto dos grupos municipais.Ata a ubicación última, é dicir a conservadora e menos perigosa podemos dicir que tódolos grupos sin informe técnicos e so con palabras xustificaron a negativa pola negativa e dixeron NON as propostas anteriores da Xunta?De tódolos xeitos, incluso a última proposta conten modificacións importantes con arreglo á primeira proposta realizada pola Xunta nesa mesma ubicación. EU da as gracias ós veciños por evitar que se ubicase nun lugar que non era o menos perigoso, sin a súa implicación non houbera sido posible.Gracias, tamén os que con entusiasmo entrades no noso blog para incidir na teoría do NON e no ben que fixo o PP por non deixarnos gobernar.Ata faí pouco fora EU a que non provocara o cambio de goberno.