28 ene 2012

Forte subida do IBI decretada por Rajoy

O Goberno Central obriga a subir ata máis dun 30% en dous anos o I.B.I. (contribución).

O Real Decreto-Lei 20/2011, de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financieira para a corrección do déficit público establece: aplicación transitoria e excepcional durante os exercicios 2012 e 2013 para os inmobles urbanos dun incremento do tipo impositivo do Imposto de Bens Inmobles …” Para as ponencias anteriores ó ano 2002, o incremento fíxase nun 10% (e un tipo mínimo do 0,5% en 2012 e do 0,6% no 2013”). Neste suposto atópase o Concello de Mugardos. Así que os inmobles urbanos, non así os de natureza rústica ou os de características especiais (Reganosa), sofrirán un incremento do 11% para o 2012 e de máis dun 30% con respecto ó ano 2011 para o 2013 no recibo da contribución. A aplicación do real decreto é obrigatoria para o Concello. Recordemos que os impostos están conxelados dende o ano 2007 por vontade dos grupos municipais a excepción de EU. Máis información e exemplos concretos neste enlace.


No hay comentarios: