1 ene 2012

Tanque de tormentas: aceptará a Xunta que lle poñan condicións?










Dase por boa a ubicación do tanque de tormentas no Antigo Bombeo se a Xunta se compromete a: separar as pluviais da r/María e a r/Real na súa confluencia co alcantarillado na zona da rotonda, executar o alcantarillado de Baño, executar o alcantarillado de Rosalía de Castro, executar o alcantarillado do peirao, evitando os atascos e conectando todo o peirao á rede de alcantarillado e non executar as obras en verán. Todos estes son os condicionantes que fan que a última ubicación proposta pola Xunta sexa “a mellor”.

EU manifestou que, aínda non puidendo contrapoñer un estudo técnico ó realizado pola Xunta, dada a negativa do resto dos grupos municipais a encargalo, seguíamos entendendo que a súa execución sería factible en calquera punto do peirao.

A maioría dos grupos tiñan zanxado o debate sobre a ubicación. Ante este plantexamento, EU votou a favor da execución de todas as obras mencionadas anteriormente.

Agora queda por saber a resposta da Xunta a todos estos condicionantes. Aceptará a Xunta os condicionantes dado o aforro económico que supón a nova ubicación?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ou sexa que ahora nos dedicamos a dicirlle á Xunta que o saneamento da Ría ten condicions. Pois mellor seria ca Xunta mandara ós concellos sanear por conta propia os seus concellos e senon multalos. A infraestructura é gratuita, e ainda encima a condicionamos? O mantenimento é do Concello, home claro, só faltaba (a merda é nosa). EU segue a condicionar o seus argumentos polo plano económico, coma se o económico non poidera ser a mellor solucion.Por outra banda se eses lugares quedaron sen incluirse na rede de depuracion será porque o Concello (EU incluida) non o notificou no convenio que a Xunta firmou no seu momento co Concello, nen fixo alegacions, nen fixo, ahí sí, un estudio de ijmpacto da obra no Concello. Non agora, con anos de retraso.Se o Concello non fixo os seus deberes evaluando as consecuencias da obra, como pode EU condicionar agora a que fagan o que o Concello non lle advertiu? PO routra banda a Xunta debe buscar a mellor ubicacion, o menor impacto e o mellor servicio, e se todo pode ser mais barato pois mellor ¿ou non o facemos todos nas nosas casas? Está claro que EU buscou redito politico coa ubicacion cando sabia que non habia outra solucion mellor, non moveu o cu ata que os veciños o fixeron, e agora di que da por boa a obra con condions, (ou é boa ou non o é) Sé non é unha boa ubicacion que mais da que fagan todo o anterior? EU ten intencion mais que de protestar, despois pensa de qué.

Anónimo dijo...

Creo que no teu afán por intentar desprestixiar a EU, non leíches ou non entendiches o contido da nota publicada por EU ou non o quixeches entender.
As condicións á Xunta para a execución da obra as pon por unanimidade a Comisión de Obras (BNG,PP,EU e PSOE).

Anónimo dijo...

Creo que as melloras propostas polo conxunto dos grupos políticos municipais son máis que razoables por ser tamén necesarias , e parecen demostrar que no proceso de redacción do proxecto técnico de esta importantísima obra, non se tivo en conta a coordinación e colaboración necesaria entre a administración autonómica e local que debese de ser habitual , e máis aínda nunha obra desta complexidade .

Espero por iso que a Xunta de Galicia acepte e inclúa as melloras propostas pola Corporación Municipal, por ser de urxente necesidade.