Está mañá, o Grupo Municipal de Esquerda Unida presentou unha moción no Rexistro do Concello para que este asuma sen tardanza un compromiso claro e firme co uso e a difusión do Software Libre e do Coñecemento Libre.
A páxina que les, así coma as nosas publicacións impresas, presentacións de diapositivas, vídeos, etc., están feitos con software libre e gratuito, baixo o sistema operativo Linux. Moitos estados no mundo, así como algunhas comunidades autónomas de España (en parte, tamén a Xunta de Galicia) empezaron xa a migración de Windows a Linux, un sistema operativo de código aberto e que pode adquirirse de forma gratuíta. En Mugardos, dende hai anos, a Comunidade O Zulo desenvolve unha tarefa desinteresada a prol do software libre, o que nos da unha vantaxe neste terreo que non debemos seguir desaproveitando. Usemos e compartamos o coñecemento e aproveitemos o seu efecto multiplicador.
9 comentarios:
ya veo que cuando se hace un comentario con alguna pregunta que da la sensacion que es incomoda o antipopular el grupo de eu ni contesta y publica dicho comentario
esta vien saberlo asi se sabe quienes sois ya que teniais a mucha gente engañada, como a mi
de todas maneras gracias por las contestaciones anteriores.
a el tema al que me refiero es sobre las altas de agua
Como podes ver o grupo de EU contesta e publica os comentarios aínda que as preguntas sexan "incomodas" outro tema é que non teñan a axilidade na contestación que ti demandas ou que che gostaría.
De tódolos xeitos, o teu comentario era do día 14 de abril, así que a nosa resposta dez días máis tarde pode entenderse dentro dun prazo razonable, cremos nós.
Espero que a contestación e a publicación dos comentarios te leve a reflexionar sobre quenes somos e sobre os posibles enganos ás persoas.
Estoy de acuerdo con el comentario del dia 22.Cuando se hace critica de vuestra organización y de como actuais, si podeis tratais de esquivar.La gente ya va sabiendo como sois y lo que buscais.quedó claro que solo queriais colocaros a cuenta de los mugardeses.si fueseis serios renunciarias al dinero que os llevais.La gente no somos tontos, aunque a veces lo parezca.se os está biendo el plumero, solo hay que leer las actas para saber que sois peores que los que criticais.
Gracias.
Supoñemos que a mesma seriedade lle pedires ó resto dos/as concelleiros/as e ó Alcalde ou supoñemos mal?
En canto á lectura das actas, supoñemos que as dos Plenos, poderíamos entender que non estas dacordo coas nosas votacións, propostas, preguntas, rogos, mocións e intervencións.Na diversidade de opinións esta a riqueza da democracia.Por eso hai catro grupos municipais sustentados por catro organizacións políticas distintas cada unha coa súa base ideolóxica.Si nalgunha proposta,votación,etc non estas dacordo, tal e como fixeches hoxe podes enviarnos a túa opinión.De antemán, gracias por participar coas túas opinións.E si tes algunha idea positiva para Mugardos tamén estaremos receptivos a estudala.
Hombre, lo de que publicáis todos los comentarios no es cierto, yo puse uno un par de veces en la convocatoria que hicisteis de ir a la huelga y si mal no recuerdo todavía sigue sin aparecer, el cual fue si la lancha en la que proponíais ir a la manifestación a Ferrol era de servicios mínimos ó a esa si que se le permitía trabajar y no ha tenido piquetes INFORMATIVOS???
Seguro que el que revisa los comentarios lo recuerda.
No se le puede pedir lo mismo a todos los grupos porque vosotros os presentasteis a las elecciones como los garantes de la honradez, la legalidad t la transparencia.Para vosotros el resto de los grupos eran poco mas que una pandilla de.....
Ahora en cambio se ven vuestros intereses reales.vivir a cuenta del ayuntamiento sin dar golpe.
Boicotear la vida municipal, torpedear todos los proyectos que salen en Mugardos.pero eso si favorecer a vuestros amigos.Vease el caso de la tal de los árboles del paseo del Baño;la casa que ha resultado favorecida, no me digais que no sabeis de quien es.
gracias por vuestro comentario , pero no me contestais ala pregunta que planteo en el comentario del 14de abril
por mi parte le pido la misma seriedad a todos los grupos politicos que estan representados en este ayuntamiento., poque el mismo comentario lo hice en otro blok
Con respecto ó comentario sobre os "servizos mínimos" da lancha, non o publicamos polo tono e porque supoñíamos que o autor debía estar xa arrepentido de ter pulido os botóns do teclado para dar a luz semellante ocurrencia.Vendo que non é así, publicamos o comentario, dende longo, sen resposta algunha, porque non a merece, nin en Mugardos nin no planeta Naboo.
Sr. Antonio:
calquera que siga un pouco a vida política deste Concello, sabe que os concelleiros de EU son os que menos cobran; e dende logo sabe que o grupo municipal de EU non para de presentar ideas e propostas. Este mesmo blog é un claro reflexo do noso traballo e do seguemento continuo que facemos en tódolos temas. Con respecto á tala das árbores do Baño, sináleme vostede outro grupo municipal que protestara en Facebook, no blog e no mesmo sitio dos feitos, cunhas pancartas ben vistosas. Con respecto ó que se lle pode esixir ós grupos políticos, iso decídeo a cidadanía. Nós non dixemos que ninguén fose unha "pandilla de nada". É certo que a Esquerda Unida os votantes esíxenlle un plus de seriedade, rigor e traballo. Será porque esperan moito de nós e estamos orgullosos de que así sexa.
Publicar un comentario