É necesario aprobar con urxencia o convenio para o 2012 que da
lugar a esta colaboración. EU xa lle trasladou ó goberno municipal
as seguintes propostas:
1.- No ámbito deportivo sería necesario completar as xa tradicionais (remo e fútbol) coas novas realidades deportivas (karate ou BTT,
entre outras).
2.- No ámbito das Culturais é necesario un profundo debate para
delimitar e reducir o número actual, así como reforzar a de teatro (SAPG do Seixo) e outras novas propostas que poidan
xurdir.
3.- En canto ás deportivas, a reforma debe contemplar como mínimo:
-Adecuar as idades doas/os participantes ó concepto de escola
deportiva.
-Fomentar -primando económicamente- a participación das nenas.
-Reorientar a prima actual por maior número de participantes a prima por
necesidades de monitores para desenvolver a actividade con calidade
dependendo da modalidade deportiva.
-A necesidade de xustificar o pago dos/as monitores/as deportivos
atendendo á Lei de Entidades e Asociacións Deportivas.
-Incorporar con dotación económica o concepto de equipamento
deportivo.
-A actividade deberá desenvolverse dous días á semana, cunha
duración mínima de 60' cada día.
-A aplicación das cuotas e exencións deben estar equiparadas á
taxa das Escolas Municipais.
-Se a entidade inscribe ós/ás participantes nas competicións
deportivas organizadas polas diferentes Federacións, que o Concello poida
asumir unha parte do coste de participación.
-Reorientar a partida actual para organizar o Trofeo por outra
actividade vinculada á escola conveniada.
Estas reformas están encamiñadas a incrementar a dotación
económica que recibiría cada entidade co obxectivo de mellorar as
condicións en que se desenvolven as escolas e o fomento da
participación en igualdade.
O que non pode ser é que un ano máis non existan escolas
conveniadas, tal e como pasou o ano anterior por decisión exclusiva
do BNG.
2 comentarios:
Está claro que polo menos ao grupo municipal de Esquerda Unida non lle faltan ideas para propoñer e debater no seo da Corporación Municipal cuestión que é de valorar, pero a todo isto falta por saber se esta proposta contará non soamente cos votos necesarios para transformala en acordo, se non tamén , o máis importante, cos recursos económicos para poñela en práctica posto que da dispoñibilidade e planificación económica do noso Concello nada se sabe.
Antes de rematar quero dicir que descoñezo se a proposta do goberno municipal do BNG ( 4 concelleiros/as ) para a construción dunha pista de padel, por valor de 21.430,28 euros, chegou a materializarse a pesar de non contar co apoio do resto dos grupos municipais da Corporación ( 9 concelleiros/as ). Por que de materializarse a construción da pista de padel estariamos ante un suposto a considerar no desenvolvemento das actividades deportivas que se comenta nesta entrada.
Grazas.
Estamos a traballar para que a iniciativa poida sair adiante no Concello e tamén coas sociedades que deberían conveniar co Concello.En todo caso, o noso primer obxectivo é que se asinen os convenios e que non queden sin asinar como pasou o ano pasado, e como consecuencia as entidades sin a prestación económica correspondente.
En canto á pista de padel, a día de hoxe polos datos que se nos facilitaron a Deputación aínda non contestou á petición de subvención, feita polo BNG por resolución da Alcaldía e sen apoio de ninguen porque non o someteu a debate.
Publicar un comentario