Sendo
conscientes da necesidade do acordo de goberno entre as organizacións
BNG, EU e PSOE para dar desposta ás necesidades das/os veciñas/os
de Mugardos, manifestamos a nosa vontade de asistir a unha nova
reunión de negociación, o martes día 5 de febreiro.
Esta
nova reunión debe dar saída a unha proposta de Xunta de Goberno Local que respete a
vontade popular expresada nas urnas, condición imprescindible para
dar estabilidade ó goberno municipal.
EU,
atendendo ó número de comisións informativas propostas nos
documentos do BNG e PSOE, presenta unha modificación puntual ó seu
documento inicial neste apartado e que transcribimos a continuación:
1.-
Urbanismo e Obras
2.-
Benestar Social, Formación, Emprego, Promoción Económica,
Educación
3.-
Servizos e Persoal
4.-
Cultura e Deporte.
5.-
Facenda e Patrimonio.
2 comentarios:
Dunha primeira lectura deste novo comunicado é doado supoñer que Esquerda Unida, ante a necesidade de propiciar o acordo, renuncia á súa formulación inicial de establecer catro concellarías ou comisións informativas que serían, (1) Urbanismo Obras e Servizos (2) Facenda, Patrimonio e Persoal (3) Cultura, Deportes e Educación, aceptando as propostas iniciais do BNG e do PSOE que ata a data non se fixeran públicas, e que en lugar de catro prefiren que sexan cinco.
Visto dende fóra e atendendo o que debese ser o interese xeral, a optimización e racionalización do gasto e tamén a dos recursos humanos, por enriba de calquera outro tipo de intereses, considero que tería sido máis desexable e menos gravosa para os contribuíntes ( 8.000 euros menos ao ano ) a proposta de Esquerda Unida.
Si isto fose así , como se publica hoxe neste blog , será lóxico pensar que as concellarías en principio se repartirán numericamente do seguinte xeito, 2 para o BNG, 2 para Esquerda Unida e 1 para o PSOE. Nunha segunda parte discutiranse as áreas específicas da repartición .
Parece que se trata de establecer acordos para a formación dun novo goberno municipal utilizando ou aceptando, segundo o caso, vellas formulizacións políticas máis propias da repartición do poder , que da asunción de responsabilidades , e que poden dar lugar a pensar que en pouco ou en nada van cambiar as formas de gobernar.
A pesar de todo iso non podo deixar de dicir que ogallá me equivoque.
Y bienestar para el BNG, no?
Publicar un comentario