Creo recordar ter lido nalgún medio de comunicación que era intención do goberno municipal do BNG entregar o borrador dos presupostos municipais para o presente ano despois da semana santa. Por iso sería bo coñecer cal é a realidade actual sobre o particular.
A realidade é que en comisión aínda non os entregou. Non sei si está a falar con algún grupo municipal do contido do mesmo, dende logo con nós non. Nunha Xunta de Voceiros celebrada faí uns días o Alcalde comentaba que estaba á espera de: 1.- Que o Consello de Ministros de hoxe aprobose que os Concellos poderían incorporar o remanente do ano anterior ó orzamento do 2013. 2.- Que estaba pendente duns informes técnicos que permitisen incorporar ó capitulo de gastos os cartos depósitados para a execución das obras da urbanización "Pazo das Condesas" e as que tería que depositar Reganosa para a construcción do Centro de Interpretación dos Restos de Caldoval. Estas cuestións de ser viables terían o efecto de romper o teito de gasto que se tivo que aprobar por imperativo do goberno central e cos seus condicionantes. A día de hoxe é o que podemos dicir.
Ademais das condicións leoninas do Convenio con REGANOSA para a construción do Museo dos Restos Arqueolóxicos do Caldoval , evidentemente moi prexudiciais para o noso Concello tales como o feito de que as cantidades achegadas por REGANOSA para cumprir a obriga de construír o Museo sexan pechadas e que sexa o propio Concello quen teña que asumir a contratación das obras e polo tanto todas as responsabilidades ante a empresa contratante, incluídos máis que posibles sobrecostes, ademais de verse tamén liberada REGANOSA de ter que pagar o correspondente imposto pola licenza de obras. Tampouco hai que perder de vista que dende a formalización do devandito Convenio, xullo de 2009, o IVE se incrementou nun 5% e é normal pensar que tamén se visen incrementados os custos dos materiais e tamén da man de obra incrementos económicos todos eles que, de non se corrixir a situación , terá que asumir pola súa conta o Concello.
Ademais de todo o exposto anteriormente, segundo a claúsula 1.1.2. do Convenio, REGANOSA achegará as cantidades económicas ao Concello a medida que este aprobe as distintas certificacións de obra.
Á vista dos feitos sería lóxico pensar que puidésemos estar ante a posible declaración de lesividade dos actos do Concello contemplada pola Lei Reguladora de Bases de Réxime Local no seu artigo 22.2 (k), e polo tanto ante a posibilidade de que a Corporación Municipal decida anular por lesivos os acordor establecidos no devandito Convenio.
3 comentarios:
Creo recordar ter lido nalgún medio de comunicación que era intención do goberno municipal do BNG entregar o borrador dos presupostos municipais para o presente ano despois da semana santa.
Por iso sería bo coñecer cal é a realidade actual sobre o particular.
A realidade é que en comisión aínda non os entregou. Non sei si está a falar con algún grupo municipal do contido do mesmo, dende logo con nós non.
Nunha Xunta de Voceiros celebrada faí uns días o Alcalde comentaba que estaba á espera de:
1.- Que o Consello de Ministros de hoxe aprobose que os Concellos poderían incorporar o remanente do ano anterior ó orzamento do 2013.
2.- Que estaba pendente duns informes técnicos que permitisen incorporar ó capitulo de gastos os cartos depósitados para a execución das obras da urbanización "Pazo das Condesas" e as que tería que depositar Reganosa para a construcción do Centro de Interpretación dos Restos de Caldoval.
Estas cuestións de ser viables terían o efecto de romper o teito de gasto que se tivo que aprobar por imperativo do goberno central e cos seus condicionantes.
A día de hoxe é o que podemos dicir.
Ademais das condicións leoninas do Convenio con REGANOSA para a construción do Museo dos Restos Arqueolóxicos do Caldoval , evidentemente moi prexudiciais para o noso Concello tales como o feito de que as cantidades achegadas por REGANOSA para cumprir a obriga de construír o Museo sexan pechadas e que sexa o propio Concello quen teña que asumir a contratación das obras e polo tanto todas as responsabilidades ante a empresa contratante, incluídos máis que posibles sobrecostes, ademais de verse tamén liberada REGANOSA de ter que pagar o correspondente imposto pola licenza de obras.
Tampouco hai que perder de vista que dende a formalización do devandito Convenio, xullo de 2009, o IVE se incrementou nun 5% e é normal pensar que tamén se visen incrementados os custos dos materiais e tamén da man de obra incrementos económicos todos eles que, de non se corrixir a situación , terá que asumir pola súa conta o Concello.
Ademais de todo o exposto anteriormente, segundo a claúsula 1.1.2. do Convenio, REGANOSA achegará as cantidades económicas ao Concello a medida que este aprobe as distintas certificacións de obra.
Á vista dos feitos sería lóxico pensar que puidésemos estar ante a posible declaración de lesividade dos actos do Concello contemplada pola Lei Reguladora de Bases de Réxime Local no seu artigo 22.2 (k), e polo tanto ante a posibilidade de que a Corporación Municipal decida anular por lesivos os acordor establecidos no devandito Convenio.
Publicar un comentario