10 abr 2013

Visita de deputados de AGE ás escolas de Mugardos






Parlamentarias/os de AGE solicitarán a ampliación do CEIP “Unión Mugardesa” e o compromiso da Consellería para destinar a usos educativos a antiga vivenda do bedel do CEIP “Santiago Apostol”.






A viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz e os deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron, percorreron xunto coa/cos concellerios/a de EU, Pilar Díaz e Genaro Prieto, os centros de Educación Infantil e Primaria do Concello de Mugardos. Como consecuencia da visita, presentarán unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para que se concrete no tempo a ampliación do CEIP “Unión Mugardesa” para facer efectiva a integración da Escola Infantil (Escola de Apelón) na Escola de Primaria.
Esta é unha reivindicación que dende o conxunto da Comunidade Educativa se leva realizando dende hai 5 anos, sen resultado ata o momento. Os argumentos para a ampliación son contundentes: inexistencia dun patio cuberto para xogar as/os nenas/os nos días de choiva, deficiente calefacción nos días de inverno, imposibilidade de disfrutar da biblioteca e as actividades que xiran en torno a ela, falta de aula de música, informática ou ximnasio, como si dispón o centro de primaria, dificultade de sustitución do profesorado pola distancia entre un centro e outro, etc Todo isto a maiores da racionalización dos recursos económicos e o importante aforro que suporía para o Concello e para a Consellería.
Tras visitar o CEIP “Unión Mugardesa” desprazáronse ata o CEIP “Santiago Apóstol”, onde analizaron a necesidade de que se concrete a cesión por parte do Concello da antiga vivenda do bedel á Consellería de Educación para destinala a usos educativos. O GM de EU presentará unha moción ó Pleno do Concello para que se atenda a demanda que dende hai máis dun ano presentou a dirección do Centro neste sentido, e o Grupo Parlamentar preguntará se a Consellería está disposta a asumir os costes da adecuación se a cesión patrimonial se formalizase.

No hay comentarios: