1 may 2013

Mocións sobre o "Santiago Apóstolo" e o "Unión Mugardesa"











No Pleno do 26 de Abril foron aprobadas (con modificacións) dúas mocións de Esquerda Unida: unha sobre a ampliación do colexio "Unión Mugardesa"; a outra, referente á antiga vivenda do bedel do "Santiago Apóstolo" de Franza.

E como as visitas dos nosos deputados e deputadas de AGE non son en vano, aquí o enlace ás súas iniciativas parlamentares (Grazas!):
-Santiago Apóstolo
-Unión Mugardesa

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Antes de nada dicir que é de esperar que aos niveis que corresponda sexan acollidas favorablemente estas iniciativas e polo tanto pasando das palabras aos feitos, se materialicen as propostas e os acordos correspondentes.
Dito o anterior quixera aproveitar este espazo para facer un comentario sobre a información publicada en Faceboock pola voceira do voso grupo, Piar Díaz, en relación ao estado ás obras de pavimentación da rúa María e que para mellor comprensión vounas reproducir literalmente:

“ ….327.450,86€ é o coste da obra da Rúa María dende o Cano da Rúa ata a Avda. de Galicia e o tramo alto do Barral. A obra si fixo con cargo ó 2º Plan E e a devolución do aval se fixo en Xunta de Goberno no mes de febreiro.
Unha obra sin a necesaria supervisión que arrastra problemas estructurais dende a súa execución. Necesita unha reparación urxente. É imprescindible seguridade para os peóns e para os coches, ó que temos que engadir o recomendable descanso para os/as veciños/as. Faí quince días nos respostaban na Comisión de Obras que a empresa iba a executar as obras de inmediato. Pois ben, a foto é do día de hoxe.Sería bo de paso evitar o tránsito de vehículos pesados “ .

A falta de saber o custo da outra fase das obras e outros datos que espero sexan publicados polo grupo municipal de Esquerda Unida , penso en principio que non hai lugar a dúbidas para poder dicir que todo este asunto pode resultar un clarísimoo exemplo da pésima xestión e administración dos recursos públicos. Por unha parte podemos comprobar os desproporcionados e altos custos dunhas obras que á vista dos feitos parece claramente que non foron ben executadas , posiblemente tampouco ben pensadas e , pola información facilitada por Esquerda Unida parece que tampouco foron supervisadas . Sorprende moito tamén que ante o estado de deterioración das devanditas obras o goberno municipal aprobase a devolución do aval a empresa construtora.

É de esperar que por quen corresponda se esixan todo tipo de responsabilidades ata o último extremo e en todo casen paguen os que fixeron mal o seu traballo ou non cumprisen coas súas obrigas.

Esperemos que ao final non teña que pagar " juan pueblo ".

EU-IU dijo...

A 1º fase da rúa María se adxudicou en 339.581,97€ á empresa Varela Collazo e a devolución da fianza se fixo o 3 de marzo de 2011.A súa execución, tamén estivo envolta en problemas, xa que as pluviais dos tellados non se recolleron, nin se solucionaran coa obra as inundacións da parte baixa, entre outras deficiencias.
A obra non contou co noso beneplacito tal e como se reflexa na acta do pleno do 12 de xaneiro de 2009 xa que priorizabamos a construcción dun aula de formación antes que esa obra.

Anónimo dijo...

Antes de nada penso que é obrigado dicir que me parece unha auténtica barbaridade o elevado e esaxerado custo económico destas obras , que en realidade é unha , o acondicionamento e pavimentación da rúa María , por un importe total de 667.032,83 euros equivalentes a preto de 111 millóns das antigas pesetas ( 110,984.924 pesetas ) , cantidade sumamente desproporcional en canto ás prioridades do gasto para atender as necesidades e carencias existentes actualmente en distintas infraestructuras e na prestación de servizos en todas e cada unha das áreas de competencia municipal do noso Concello.
E o peor de todo iso é que ao final, ademais doutras cuestións que sería longo de comentar, a pesar do pouco tempo transcorrido dende a execución destas obras , o estado do pavimento pode considerarse de lamentable e calamitoso sín que saibamos ata o momento cando e como se van corrixir os graves desperfectos e tamén, o máis importante, quen asumirá os custos económicos correspondentes.

Anónimo dijo...

Creo que é importante e moi clarificadora a información que publicades nesta entrada, tamén os comentarios ao respecto, en canto ás obras de rúa María, pero creo que ademais sería oportuno e conveniente saber se ás empresas que realizaron as dúas fases da devandita obra se lle esixiu documentalmente por parte do Concello a cualificación e experiencia necesarias na realización deste tipo de obras .

EU-IU dijo...

Os pregos de adxudicación contiñan os requisitos que marcaba o goberno central, incluido a puntuación por número de novas contratacións por parte da empresa.A mesa de contratación (todos os grupos municipais do Concello) faí a proposta á Xunta de Goberno Local en función dos informes técnicos emitidos polo persoal do Concello, e si o considera oportuno pide as aclaracións necesarias. Nese sentido o Concello lle requireu e a empresa cumplía con todos os requisitos.