3 sept 2013

Asignacións económicas dos concelleiros de EU

Dende as eleccións municipais de 2011, o grupo municipal de EU conta con tres concelleiros. Dous deles reciben indemnizacións por asistencia ás comisións e plenos ordinarios, mentres que a portavoz do grupo ten unha nómina en concepto de dedicación exclusiva. Tras o pacto co BNG, os tres concelleiros de EU pasaron da oposición ás tarefas de goberno, mantendo as mesmas asignacións. Nestes enlaces podes acceder á nómina da portavoz do grupo e ás resolucións da alcaldía coas indemnizacións dos conselleiros correspondentes ao mes de Xuño.

No hay comentarios: