29 nov 2013

Rematan as obras de mellora do Mercado Municipal.


O Concello de Mugardos rematou no día de hoxe as obras de acondicionamento do Mercado Municipal de San Telmo que contaron coa cofinanciación da Xunta de Galicia. Estas obras consistiron na reparación das goteiras do tellado, na eliminación da acumulación de auga que se producía no acceso á nave do peixe polo afundimento do piso, na ampliación do número de postos en 4 e na colocación de contadores de auga e luz independentes para cada posto.
Estas obras enmárcanse dentro da dinámica emprendida polo goberno municipal tras a aprobación e posta en marcha do Regulamento de Funcionamento do Mercado Municipal para dar un impulso ó mesmo.
O goberno municipal segue a dar os pasos necesarios para que o Mercado Municipal, tras unha certa parálise, poida ter abertos á venda de productos todos os postos dispoñibles, favorecendo a entrada de novas actividades e a ampliación doutras que xa se viñan desenrolando.

No hay comentarios: