22 nov 2016

Esquerda Unida apoia a folga educativa do 24 de novembro, pola derrogación das Reválidas e a LOMCE


Esquerda Unida apoia a folga educativa do 24 de novembro e inicia unha campaña contra as Reválidas e pola derrogación da LOMCE 

A área de Educación de Esquerda Unida apoia a folga educativa convocada para o vindeiro 24 de novembro para o alumnado de Educación Secundaria e as familias de alumnado en Educación Primaria e Infantil, pola derrogación das Reválidas e a LOMCE, así como a todas as mobilizacións que se producirán ao longo da xornada.


Dende o seu irrenunciable compromiso coa educación pública, a área de Educación de Esquerda Unida, vén desenvolvendo durante os últimos anos unha intensa campaña contra a LOMCE e os recortes educativos, por entender que supoñen un ataque frontal a unha educación pública promotora dun modelo educativo inclusivo, laico e democrático que garanta os dereitos de todas e todos a unha educación de calidade en condicións de igualdade.

Pulando pola retirada das reválidas 


Por este motivo, Esquerda Unida únese ao conxunto da comunidade educativa que esixe a retirada inmediata do decreto de reválidas, imposto polo goberno en funcións do PP en contra das propias CCAA, que o terían que aplicar; esixe a reversión dos recortes educativos, que supuxeron o deterioro da educación pública coa expulsión de miles de docentes das súas aulas; e a derrogación da LOMCE, unanimemente rexeitada pola comunidade educativa e polo Congreso ata en dúas ocasións nos últimos meses, sendo aprobada este martes 15 de novembro nesa cámara unha proposición de lei para a paralización urxente na aplicación da mesma, co único voto en contra do PP.

Área de Educación de Esquerda Unida

18 abr 2016

Participación de Pilar Díaz no programa El Coruñés Opina de Cadena Ser Coruña



Volve a escoitar o programa "El Coruñés Opina" de Cadena Ser Coruña debate sobre as confluencias e a situación da esquerda.

Participaron no programa  Pilar Díaz Otero (EU), Celtia Traviesas (Podemos), Ana Pontón (BNG), Pilar Cancela (PsdG PSOE) y Rocío Fraga (Marea Atlántica).

Primeira parte do programa (a partires do minuto 11:30 )



Segunda parte do programa

5 abr 2016

Evento: Rendición de Contas En Marea. Luns 11 de abril, ás 19.30h. Ares




"Prefiro morrer que matar".A crúa realidade dita por un refuxiado sirio.


Hoxe Europa inicia as expulsións masivas.


A cidadanía debe mostrar que existe outra Europa, denunciando coa palabra a situación, demandando solucións polítícas ós conflictos armados, construindo unha Europa acolledora e non carcelaria.

Por todo iso, facémosvos un chamamento para que participedes na Campaña que o Concello de Mugardos a iniciativa dos grupos municipais de EU-Os Verdes-SON, ICM, BNG e PSOE inicia ata o 15 de abril.

4 abr 2016

Moción Cámara Agraria.

O Concello Pleno aproba entregar as chaves da Cámara Agraría á Xunta de Galicia.


A Xunta de Galicia négase a facer unha nova cesión ou a acordar un prezo de venda que teña en conta a valoración realizada polo Concello.


86.895,91€ quere a Xunta e o Concello ten unha valoración de 38.895,62€. Dende o ano 2011 xa non hai acordo de cesión e dende o 2013 todas as negociacións para unha nova cesión fracasaron pola innegociable postura da Xunta de vendela ó Concello ou sacala a subasta.


O Concello en todos estos anos leva investidos máis de 100.000€ na súa rehabilitación e conservación.


A moción presentada por EU-Os Verdes-SON contou co apoio de ICM,BNG e PSOE votando en contra o PP.

3 dic 2013

Apertura do Centro Municipal Solidario


O Concello de Mugardos porá en marcha o Centro Municipal Solidario no antigo consultorio médico do Seixo, local que na actualidade non ten ningún uso tras o peche de actividade decidido polo SERGAS.
Ó longo destas semanas o Concello rematará de executar as obras necesarias ( vaciado do local, pintado, limpeza, etc.) e os trámites legais precisos para a apertura do local e o inicio da actividade, que podería empezar a funcionar antes do Nadal.
O Centro Municipal Solidario contará cun almacén de alimentos non perecedeiros e roupa, fundamentalmente. A distribución destes productos, que virán a completar as prestacións de carácter socioeconómica que presta o Concello, farase a través dun acordo con Cáritas e de voluntarios/as previa inscrición no Departamento de Benestar Social do Concello.
O Concello porase en contacto con todo o tecido asociativo e comercial para que colabore co citado Centro e así poder cubrir as demandas das familias que, golpeadas pola crise económica, teñen moi difícil cubrir as súas necesidades básicas.

29 nov 2013

Rematan as obras de mellora do Mercado Municipal.


O Concello de Mugardos rematou no día de hoxe as obras de acondicionamento do Mercado Municipal de San Telmo que contaron coa cofinanciación da Xunta de Galicia. Estas obras consistiron na reparación das goteiras do tellado, na eliminación da acumulación de auga que se producía no acceso á nave do peixe polo afundimento do piso, na ampliación do número de postos en 4 e na colocación de contadores de auga e luz independentes para cada posto.
Estas obras enmárcanse dentro da dinámica emprendida polo goberno municipal tras a aprobación e posta en marcha do Regulamento de Funcionamento do Mercado Municipal para dar un impulso ó mesmo.
O goberno municipal segue a dar os pasos necesarios para que o Mercado Municipal, tras unha certa parálise, poida ter abertos á venda de productos todos os postos dispoñibles, favorecendo a entrada de novas actividades e a ampliación doutras que xa se viñan desenrolando.