4 abr 2013

O BNG por fin atende ás nosas demandas

















Dende principios de xaneiro o noso grupo denunciou a "poda"- tal e como o denominou o Concelleiro de Obras- das árbores da estrada Mugardos - Castelo da Palma, incluíndo as denuncias ante o SEPRONA e a Xunta de Galicia (titular da Estrada)
Insistimos en ver o expediente da licencia de tala e o aval do maderista. A día de hoxe temos a convición de que non existe nin autorización por parte do Concello nin aval depositado, xa que nunca se nos aportou ningún documento.
Insistimos en denunciar o destrozo causado no Lavadoiro Vello da Redonda (descoñecido para moitas persoas), sito na intersección do vial Redonda-Montefaro, na estrada e nas gabias con toda a ramalla tirada. Insistimos en que o lavadoiro, o cauce de canteira e a Fonte (que non esta destrozada) se incluísen no inventario municipal,  porque non está. 
Hoxe, por fin contestou o goberno municipal do BNG ás nosas demandas: denunciaron a actuación do maderista ante o SEPRONA e Patrimonio, amósanse favorables á súa inclusión no Inventario Municipal, a solicitar a catalogación por Patrimonio e a empresa maderista inicia os traballos de limpeza das gabias e reposición do lavadoiro e o canal.
EU estará atenta a que se repoña o lavadoiro no seu estado inicial, se abra o cauce, se limpe a canalización que cruza a estrada e se limpen as cunetas e o vial; iso como mínimo, sen esquecer a inclusión no inventario, a súa catalogación e as responsabilidades da "poda" das árbores.

1 comentario:

Anónimo dijo...

En principio non se me ocorre outra cousa que felicitarvos e agradecer unha vez máis o voso traballo porque estou convencido de que non ser por iso as cousas no Concello de Mugardos hubesen sido aínda peor, que co mal que van é moito dicir . Creo que é sumamente importante que ademais de facer as denuncias formais ante os organismos correspondentes como neste caso , goberno municipal, SEPRONA, etc. , é importante tamén o feito da información e a denuncia pública que facedes principalmente a través das redes sociais e tamén doutros medios de comunicación , porque é o mellor xeito de poder informar a cidadanía con claridade e axilidade.
O que estades a facer a nivel municipal , ademais de ser recoñecido polos veciños e veciñas do noso municipio. debera de servir de exemplo para outros . Sín anímo de molestar ní desprezar a ninguén, eu a si enténdoo.