Propostas realizadas o día 3 de Agosto, na Comisión de Promoción Económica, Emprego e Turismo:
1) Rehabilitación da Escola Unitaria de Fieiteiras para convertila na Casa das Entidades e Asociacións.
Esta proposta, de ser aceptada, cubriría as necesidades plantexadas polas asociacións que non dispoñen de local dende hai anos, ó igual que solventaría os problemas de ubicación de outras entidades, resolvendo os inconvintes existentes a día de hoxe pola súa ubicación.
A proposta non foi debatida. O Grupo Municipal a presentará por escrito para o seu debate na comisión correspondente.
2) No transcurso da mesma Comisión, o Grupo Municipal de E.U., propuxo que a cesión de local municipal á Asociación de Empresarias/os de Comercio e Hostalería de Mugardos, se amplíe a catro anos, renovable cada ano, e non por un ano, como propoñía o goberno municipal. Esta proposta foi finalmente aceptada pola mairía da Comisión, quedando aprobada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario