9 sept 2007

Preguntas dirixidas ó Alcalde no Pleno de 27-07-07

1.-Cré vostede que é función da Policía Local cobrar ás atraccións que se instalaron nas Festas do Carme? En concreto, referímonos a D. Ovidio Torrente e a D. Juan Carlos García.
Cré vostede oportuno que os Policías D .Ovidio Torrente e D. Juan Carlos García aparezan como compoñentes da Asociación “Anduriñas”, organizadora da Festa do Carme, nunha revista, vestidos có uniforme da Policía Local?
Rogamos: que, dados estes dous feitos nomeados anteriormente, se abra un expediente informativo para clarificar dita situación.


2.- Durante a celebración da Festa do Carme, prodúcese un acto relixioso como é a procesión. Podería aclararnos en condición de qué estaba vostede na procesión ubicado entre os curas? Dado que, se era en condición de alcalde, recordámoslle que a Constitución recoñece que este é un estado aconfesional. Polo tanto, rogamos dé os pasos precisos para que non se confunda Iglesia-Estado.


3.- Podería explicarnos por qué, estando de baixa a arquitecta técnica, Dª Carmen Piñeiro, ven polas tardes a traballar ó Concello? Podería decirnos se durante estes días Dª Carmen Piñeiro segue a traballar durante a baixa en contacto permanente coa Alcaldía?
4.- A maiores do que sabemos polos xornáis, podería informarnos se o Concello de Mugardos cré que o prezo da auga que nos esta facturando o Concello de Ferrol é o correcto?
5.- Podería explicar os motivos do incumprimento do acordo da Xunta de Voceiros, do día 23 de Xullo, no tocante á entrega do Plan de Emerxencia Exterior ós portavoces dos grupos municipais?
6.-Podería explicarnos por qué a estas alturas seguen sen constituírse tres Comisións Informativas?
7.- Pode decirnos se o Policía Local D. Ovidio Torrente ten compatibilidade para poder exercer outros traballos? Por exemplo: estar atendendo o informe dunha inmobiliaria en FIMO. Rogamos que se abra un expediente informativo para clarificar a situación.


(!) A día de hoxe, 7 de Setembro, aínda non se recibiu contestación algunha por parte da Alcaldía, a pesar do que prevé o Regulamento Orgánico do Concello:

Regulamento Orgánico de Funcionamento do Concello, publicado no B.O.P. do 17 de febreiro de 1987:
Art. 120.- El miembro de la Corporación al que se dirija el ruego o la pregunta, podrá contestar seguidamente en el mismo acto, si le es posible, o en otro caso, hacerlo por escrito dirigido al que se lo formulase dentro de los tres días hábiles siguientes.

No hay comentarios: