Dª Pilar Díaz Otero, como portavoz do G.M. de E.U.-I.U. do Concello de Mugardos, ó amparo da lexislación vixente, presenta a seguinte moción ó Pleno do Concello:
EXPÓN:
Que despois dos acordos adoptados de incoación de lesividade contra a addenda ó convenio urbanístico de “O Baño” aprobada o 24 de xullo de 2003, que trae como consecuencia o inicio dun contencioso-administrativo por parte de O Concello para que se faga xustiza, declarando que o Pazo da Condesa é de titularidade municipal, visto o ditame xurídico, que sirveu de base para tal acordo plenario, de D. Xoaquín Monteagudo Romero, avogado.
Despois de adoptar acordo plenario o 24 de xullo de xullo de 2007, en base ó ditame xurídico, antes nomeado, non así en base ó informe do secretario do Concello.
Visto que o Concello ten dous meses para iniciar o correspondente trámite xudicial,
SOLICITAMOS:
1.- Que se inste a Mahía Inmobiliaria S.L. a depositar no Concello de Mugardos, e polo tanto a facer entrega ó Alcalde, das chaves correspondentes ó Pazo da Condesa.
2.- Que se advirta a Mahía Inmobiliaria S.L. das consecuenciencias da súa negativa, si fora o caso, dado que as súas alegacións sobre a titularidade do Pazo das Condesas foron rexeitadas polo Concello Pleno no día 24 de xullo de 2007.
Mugardos, 26 de xullo de 2007
Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.
Asdo. Pilar Díaz Otero
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.
* * * *
Dª Pilar Díaz Otero, como portavoz do G.M. de E.U.-I.U. do Concello de Mugardos, e ó amparo do disposto na lexislación vixente
EXPÓN:
Que sendo aprobado o convenio urbanístico de “O Baño” en sesión plenaria o día vintenove de novembro de 1996, no cal os propietarios dos terreos se comprometían a, entre outras cuestións:
1.- A propiedade comprométese a realizar as necesarias infraestructuras de saneamento que garanticen tanto o servicio do ámbito de actuación, como o dos asentamentos rurais de “A Redonda” e “O Baño” e o seu conexionado adecuado á Rede de Sistemas Xerais Municipais.
O prazo de execución das infraestructuras de saneamento, quedarán determinadas no plan de etapas do plan parcial, e en ningún caso sobrepasarán o prazo dun ano a partir da aprobación do mesmo.
2.- De forma concordante, o Concello comprométese a ceder o dereito de uso dos terreos idóneos necesarios para situar unha Estación de Bombeo, co obxecto de remitir por impulsión os caudáis das augas negras ata o alcantarillado existente no límite do casco urbano da Vila de Mugardos, sendo a cargo da propiedade a responsabilidade e custos de mantemento e conservación de dita Estación.
Encontrándose dentro do propio convenio urbanístico os tramos e sistema de saneamento de obrigada execución e os tramos e servicios de execución por prestación de convenio.
Na sesión plenaria do día vinte de xullo de 2001, aprobouse a “Reforma do Plan Parcial de O Baño” , e na Comisión de Goberno do día 3 de agosto de 2001 o “Proxecto Reformado do Proxecto de Compensación de O Baño”, onde se contén, entre outras cuestións, todo o relativo á ordenación dos usos residencias e complementarios, esquema de trazados e características dos servicios, normas de edificabilidade, regulación do uso de garaxe-aparcamento, normas de urbanización, ordenanzas estéticas,etc.
SOLICITA:
1.- Que se comprobe na Comisión de Urbanismo o cumprimento do convenio aprobado polo Pleno da corporación o día vintenove de novembro de 1996, en canto ó cumprimento dos compromisos adquiridos có Concello.
2.- Que se comprobe na Comisión de Urbanismo o cumprimento do aprobado no Plan Parcial e no Proxecto de Compensación en todos e cada un dos seus apartados.
Mugardos, 26 de xullo de 2007
Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.
Asdo. Pilar Díaz Otero
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.
* * * * * * * *
Dª Pilar Díaz Otero, como portavoz do G.M. de E.U.-I.U. do Concello de Mugardos, ó amparo da lexislación vixente presenta a seguinte moción ó Pleno do Concello:
EXPÓN:
Despois dos acordos adoptados de incoación de expediente de lesividade contra a addenda ó convenio urbanístico de “O Baño” aprobada o 24 de xullo de 2003.
Analizados os acordos adoptados no Plenos dos días 7 e 24 de xullo de 2007 e toda a documentación relativa á tramitación do acordo plenario do día 24 de xullo de 2003, chegamos á seguinte conclusión: que o citado acordo non foi tramitado polo que, como consecuencia, o solo da parcela nº 17 do Plan Parcial de O Baño, é de titularidade municipal, conforme ó artigo 42 da normativa urbanística do plan xeral de ordenación municipal, aprobado no ano 1999.
SOLICITAMOS:
1.-Que se inste a Mahía Inmobiliaria S.L. a depositar no Concello de Mugardos,e polo tanto a facer entrega ó Alcalde, das chaves correspondentes para que ás veciñas e veciños de Mugardos poidamos disfrutar dos xardíns de titularidade municipal pertencentes á parcela nº17 do Plan Parcial de O Baño.
2.- Que se comunique a Mahía Inmobiliaria que de non facer entrega das chaves nun breve espacio de tempo, se emprenderán as accións oportunas por parte do Concello para que os xardíns permanezcan abertos á cidadanía por ser estes de titularidade municipal.
Mugardos, 26 de xullo de 2007. Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.
Asdo. Pilar Díaz Otero
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.
DOCUMENTOS RELACIONADOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario