
Hai poucos días, a Xunta de Galicia presentou ós axentes sociais o seu proxecto (ó parecer "inamovible") para financiar o Servizo de Axuda no Fogar. A Xunta establece novos criterios, de obrigado cumprimento para os Concellos, á hora de calcular a aportación económica de cada dependente ó que se lle presta o servizo.
Básicamente, trátase de calcular a aportación do usuario non só en función da súa renda, senón, sobre todo, en función do número de horas de servizo que se lle recoñecen. Baixan as aportacións de tódolos usuarios en tódolos tramos económicos, pero increméntanse a medida que se incrementa o número de horas: é decir, que un dependente con 90 horas mensuais e un alto nivel de renda vai pagar moi pouco máis que un dependente coas mesmas horas e unha renda moi baixa. Se a isto lle sumamos que se permite renunciar a parte desas horas, quedan claras as consecuencias deste cambio:
1.As rendas máis altas pagarán menos: ata agora podían chegar a pagar o 65 % das horas; agora non chegarán ao 30 %.
2.As rendas máis baixas poderán desfrutar dun mínimo de horas, pero os que teñen necesidade de maior número de horas terán que pagar moito máis e, de feito, invítaseos a renunciar a parte das horas.
3.En Mugardos, o regulamento aprobado no Pleno de Novembro (co voto a favor do BNG e do PP) quedará en papel mollado se, finalmente, entran en vigor estes novos criterios.
8 comentarios:
Como se ve que EU non goberna en ningun sitio. Vive da critica e de repañar votos a costa da crise. Recorden que teñen os votos "prestados" e que ó unico que aspiran e a ser oposición. O PP é o malo da pelicula sempre, ainda cando non gobernaba, e "ninguén" o vota. Pois non se sabe moi ben enton de onde saen 10,8 millons de votos e outra maioria absoluta. Cando EU aspire a sacar unha maioria absoluta en España, enton que se atreva a dar leccions ós demais partidos, mentres que pense en subsistir sendo oposicion.
ig¿Luego que esperabais con la derecha mas radical de Europa en el poder?.Y esto no es nada comparado con lo que se avecina.
Estimado anónimo nº 1:
EU aspira a facer política, sexa no goberno ou na oposición; aspira a facer política cun obxectivo moi claro: cambiar o mundo para mellor.
Con respecto ás eleccións xerais, quero recordarlle que o PP, en Mugardos,acada os mesmos resultados que en 2004 (con dezasete votos máis) e uns cen votos máis que en 2008. Nós, se algún día obtemos maioría absoluta, esperamos obtela co 51% de votos, polo menos, e non co 44%. Con respecto ós comentarios que fai vostede sobre o "papel" do PP, ¿qué quere que lle diga? Anímoo a ler as táboas, facer os cálculos económicos e discutir sobre eles. O resto son pataletas. De todos modos, este suposto enfrontamento PP-EU Mugardos que tanto reflexo parece ter nos comentarios deste blog, non o ten tanto no Concello. Con moita frecuencia, os concelleiros do PP asinten ou votan favorablemente as propostas de EU. Certo que en outras ocasións (como no tema do SAF) coinciden máis cos postulados do goberno. Será a súa liña ideolóxica ou será a súa estratexia política. En todo caso, é a súa liberdade. Nós non estamos embarcados - como é evidente - en ningunha campaña contra eles; polo que tampouco se explica que vostede e quizais outros lectores nos saian ó paso defendendo ó PP de Galicia ou ó PP de Mugardos. Se son maiorciños e teñen maioría en Madrid, en Santiago, na Diputación... Non teña medo por eles. A nós, dende logo, preocúpannos máis os dependentes.
¿aspirais a mayoria absoluta del 51%? jajajajja Mira que sois ingenuos.Por ahora ya habeis celebrado como si la tuvierais el hecho de tener grupo parlamentario propio ¡todo un logro! jajaja
Me temo que se equivoca, querido amigo:
ésto es un blog de política municipal. EU-Mugardos se hace responsable de sus decisiones y disfruta de sus propios éxitos: no necesita presumir del trabajo de su partido a escala nacional o autonómica :)
Buenas, con respecto a este comentario "Con moita frecuencia, os concelleiros do PP asinten ou votan favorablemente as propostas" el PP puede que vote favorablemente a propuestas de EU, siempre y cuando sea algo beneficioso para el pueblo de Mugardos, nunca haciendo demagogia para conseguir beneficio político, y si el BNG propone algo bueno para Mugardos seguro que tiene el apoyo del PP, y el PSOE iden de iden.
Con esto lo que quiero decir y es lo que observo tras un seguimiento de la política municipal de Mugardos es que el PP apoya siempre lo que beneficie a Mugardos, Venga de donde venga, sin prejuicios políticos ni ideológicos, los concelleiros del PP solo tienen un camino y un propósito, que Mugardos mejore para todos sus vecinos, y de eso puedo dar fe, digo todos, de derechas, izquierdas, verdes, amarillos ó como sean. TODOS.
Buenas, con respecto a este comentario "Con moita frecuencia, os concelleiros do PP asinten ou votan favorablemente as propostas" el PP puede que vote favorablemente a propuestas de EU, siempre y cuando sea algo beneficioso para el pueblo de Mugardos, nunca haciendo demagogia para conseguir beneficio político, y si el BNG propone algo bueno para Mugardos seguro que tiene el apoyo del PP, y el PSOE iden de iden.
Con esto lo que quiero decir y es lo que observo tras un seguimiento de la política municipal de Mugardos es que el PP apoya siempre lo que beneficie a Mugardos, Venga de donde venga, sin prejuicios políticos ni ideológicos, los concelleiros del PP solo tienen un camino y un propósito, que Mugardos mejore para todos sus vecinos, y de eso puedo dar fe, digo todos, de derechas, izquierdas, verdes, amarillos ó como sean. TODOS.
Con respecto ó seu comentario, queremos agradecerlle que siga a política municipal, aínda que só sexa en función dos sus intereses ou das súas posibilidades. Como Anónimo, que é como firma vostede, non pode dar más que a súa "opinión" ou "impresión", pero, lóxicamente, firmando como Anónimo, só se representa a vostede mesmo, en ningún caso ao PP. Mire:
non "puede" que o PP vote propostas de Eu, é que o fai, e pode probarse documentalmente. Ás veces, ata segue as propostas de EU, con certo retraso: por exemplo, no caso dos xoguetes de Nadal, hai unha lixeira diferencia entre o 5 de Outubro e o 25 de Novembro. Que con moita frecuencia vota a favor do BNG tamén é evidente para quen "siga" a política municipal e, créame, don "Anónimo", que hai máis xente que vostede que o fai. De novo grazas e Bo Nadal.
Publicar un comentario