27 ago 2012
Comedor escolar?... De qué me soa?...
Na Comisión de Benestar do pasado luns 20 de Agosto, a concelleira delegada de área dixo que non sabía se habería comedor escolar este curso, que non sabía se ía aplicar a taxa en vigor, que non sabía se prorrogaría o contrato á mesma empresa... Si sabía que o curso escolar empeza o 12 de Setembro, tal como se lle lembrara no Pleno de Xullo.
Agora, aparece un aviso asinado polo alcalde na páxina web do Concello, no que se anuncia o servizo de comedor, pídese a mesma documentación requerida aos usuarios hai tres meses e establécese como data límite de inscripción o día 3 de Setembro.
¿Merecen isto os escolares mugardeses e as súas familias?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Eu penso que non nolo merecemos , por moito que ás veces ante situacións como a que aquí denunciades sintámonos encabuxados e cheguemos a dicir aquilo de que temos o que merecemos .
Aínda que tampouco é menos certo que lamentablemente é o que hai . Ata cando ?
Publicar un comentario