BNG, EU e PSOE aproban modificacións á taxa e adxudicar a unha nova empresa a xestión por dous anos prorrogables.
A. Novidades importantes que contén a taxa:
1.A matrícula inclúe agora o material educativo. Antes os/as pais/nais tiñan que pagar sobre 60€ de material. Establécese por primeira vez este ano unha axuda en función da renda das familias na convocatoria de libros de texto a proposta nosa.
2.As familias cunha renda per cápita mensual ata o 80% do IPREM (426 € netos mensuais por persoa) están exentos da taxa: p.e., unha familia de 3 membros con 1278 €/mes pagará 0 €. O decreto da Xunta contempla un prezo de 91€ (praza+comedor) e de 66€ sen servizo de comedor.
3.Con respecto á revisión da tarifa por cambios na economía familiar, a taxa anterior contemplaba a revisión para diminucións de renda superiores ao 25% nos seis meses anteriores. Agora pódese solicitar a revisión da tarifa por unha deminución de renda do 20% nos catro meses anteriores.
4.Redución de tramos pasando a pagar o 100% (160€ praza + 70€ comedor) a partir do 125% do IPREM (665,64€ netos mensuais por persoa): p. e. unha familia de 3 membros con 1996,92€/mes.
Hai que ter en conta que as familias monoparentais, numerosas e con varios fillos no centro contan cunha reducción do 20% da tarifa que lles correspondería.
(Neste enlace podes comprobar cómo se adapta o decreto da Xunta na nova taxa)
B. Novidades importantes que contén o pliego:
1.Mantemento de todos os postos de traballo actuais con garantias salariais.
2.Concretar as obrigas da empresa sobre as reparacións menores e adquisición de material.
Os cambios introducidos na taxa, así como o proceso de adxudicación da xestión da Escola Infantil (votada a favor no 2011 e en contra no 2012 polo PP) supoñen garantir o acceso a todos nenos con independencia da súa situación económica e o mantemento do servicio. De ser aceptadas as propostas do PP en canto á modificación da taxa e do pliego de adxudicación, o Concello tería que aportar unha cantidade próxima a 105.000 €. Na actualidade o Concello aporta 88.000 €/ano nun servizo que non é da súa competencia. Destacar que a aportación da Xunta de Galicia disminúe ano tras ano, estando na actualidade próxima ós 20.000€ (14,8% non aproximandose nin con moito ó 33%). A aportación do Concello para o ano 2013 rondara os 70.000€.
Outros enlaces:
-Alegacións do PP rexeitadas no Pleno do día 27 de decembro.
-Alegacións de varios usuarios no mesmo Pleno, tamén rexeitadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario