2 ene 2013

Mugardos contará cun Regulamento de Participación Veciñal



No Pleno extraordinario de 28 de decembro aprobóranse, cos votos a favor de BNG, EU e PSOE e os votos en contra do PP, o Regulamento de ParticipaciónVeciñal e o Regulamento Orgánico de Funcionamento.
O R.P.V. estaba pendente de aprobación dende o ano 1987. Este regulamento garantiza o dereito da cidadanía a participar nas decisións que afectan á súa vida diaria, a propor iniciativas para mellorar a calidade de vida e, en definitiva, a implicarse na toma de decisións.

No hay comentarios: