Os
GM de EU e PSdeG-PSOE solicitan con carácter
inmediato - dado que a día de hoxe non está colocado - o cumprimento da medida
provisional proposta no informe da arquitecta municipal dos días 22
e 23 de xaneiro de 2013, onde indica a necesidade de colocar un
valado
de obra
polo menos no carril esquerdo, logo de informar á autoridade
portuaria.
A
execución desta medida provisional, como ben di a técnica
municipal, non exime de estudar con detalle as medidas a adoptar para
evitar o risco de derrumbe que se pode seguir producindo no Cantón
de Cora e as consecuencias actuais do xa producido en días
anteriores.
A
convocatoria da comisión
de urbanismo extraordinaria
inclúe a toma de decisións sobre as posibles medidas cautelares a
tomar con referencia ó uso do Club do Mar. Dende o noso punto de
vista, esto é insuficiente a todas luces, tal e como reflexemos no
escrito por rexistro que presentamos no día de hoxe, donde
solicitamos que se incluira o estudo sobre o Club do Mar e sobre o
conxunto do Cantón
de Cora
e as medias a adoptar. (Neste enlace tes o comunicado completo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario