A día de hoxe, EU non recibiu ningunha convocatoria do BNG polos
cauces habituais para desbloquear a situación creada pola súa
intransixencia. A discrepancia actual non está (porque aínda non se chegara a ese
punto da negociación) nas responsabilidades concretas de cada
organización nin no organigrama do Concello. A discrepancia que
bloquea a negociación, tras o acordo programático e de xestión do
goberno, deriva da proposta “innegociable” do BNG de querer ter
unha maioria absoluta na Xunta de Goberno Local (XGL) que as urnas
non lle concederon, e menos na súa situación actual, é dicir, con 3
concelleiros.
Con respecto ó organigrama do Concello, a proposta de EU era a de facer catro Comisións Informativas, co aforro de 8.000 € para as
arcas municipais. A proposta non contemplaba a responsabilidade de
cada organización, por entender que era obxecto de negociación
entre as organizacións.
Por último, EU entende que, ante a parálise que sufriu o
goberno municipal durante este último ano e medio, só roto por ese
período de colaboración que mantivemos os tres grupos durante os
meses de outubro, novembro de decembro, é necesario construír un
goberno que garanta a resolución dos problemas que teñen os/as
vecinos/as, que son moitos, cun cambio radical na práctica política
diaria e na planificación das actuacións.
EU quere un cambio de goberno e non participará dun goberno cuxo
obxectivo sexa dar continuidade á xestión actual.
1 comentario:
Sín entrar en valoracións políticas en canto ás negociacións por ser algo que ao meu entender non me corresponde, aínda que si o intentase íao telo moi difícil porque, dando por feito que a política é ás veces complicada e difícil de entender, parece que neste case é tarefa imposible .
De calquera forma e para rematar dicindo algo que todo o mundo poida entender por ser do máis mínimo sentido común, é que de acordo coa representatividade que cada grupo ten , a formación da Xunta de Goberno Local debera ser 2 BNG, 2 EU, 1 PSOE.
Seguro que este razoamento básico o entende todo o mundo, aínda que parece ser que non todo o mundo o acepta.
Publicar un comentario