A desfeita levada a cabo o sábado contra as árbores do Paseo do Baño é obra exclusiva do BNG de Mugardos.
A nosa actuación durante estos dous meses foi por sobre a
mesa propostas que sacasen a este concello da parálise que leva anos sufrindo. Nun período de tempo tan breve fomos quen de darlle pulo a un gran número de temas que estaban no limbo. Agora o grupo de goberno volve actuar pola súa conta, sen falar con ninguén, para dar a medida da súa "responsabilidade" e "sensibilidade" para coa paisaxe e o patrimonio deste municipio. Pola nosa banda, xa denunciamos esta barbaridade ante o Seprona.
2 comentarios:
Fai non moitos meses veciños de Mugardos denunciaran ante o goberno municipal a talla de árbores centenarias na mesma zona que agora denuncia o grupo municipal de Esquerda Unida coa diferenza que naquela ocasión a talla era atribuída a particulares, pero neste caso o feito se mostra máis grave e preocupante por ser o autor o propio Concello.
Hai que dicir tamén que na anterior ocasión os actuantes contaban con todos os permisos que establece a Xunta de Galica por ser a zona da súa competencia. Ademais de contar coa correspondente autorización cumpríronse os requisitos establecidos nesta cuestión, sendo realizada a operación baixo inspección e vixilancia.
Dito o anterior, e ante a denuncia do grupo municipal de Esquerda Unida, cabe preguntarse si o goberno municipal do BNG contaba coa autorización da Xunta de Galicia e, de ser así, se realizou os traballos cumprindo as normas e requisitos establecidos para este caso. Por que de non ser así, a actuación do goberno municipal sería moito máis grave e preocupante.
Sería bo, aínda que non é habitual, que por parte dos responsables do goberno municipal se fixese unha aclaración pública ao respecto.
Espero que esta actuación salvaje, sirva para que reflexioneis sobre la continuidad del apoyo a estos señores.
Publicar un comentario