14 ene 2013

O goberno municipal ensáñase coas árbores




















A desfeita levada a cabo o sábado contra as árbores do Paseo do Baño é obra exclusiva do BNG de Mugardos.
A nosa actuación durante estos dous meses foi por sobre a mesa propostas que sacasen a este concello da parálise que leva anos sufrindo. Nun período de tempo tan breve fomos quen de darlle pulo a un gran número de temas que estaban no limbo. Agora o grupo de goberno volve actuar pola súa conta, sen falar con ninguén, para dar a medida da súa "responsabilidade" e "sensibilidade" para coa paisaxe e o patrimonio deste municipio. Pola nosa banda, xa denunciamos esta barbaridade ante o Seprona.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Fai non moitos meses veciños de Mugardos denunciaran ante o goberno municipal a talla de árbores centenarias na mesma zona que agora denuncia o grupo municipal de Esquerda Unida coa diferenza que naquela ocasión a talla era atribuída a particulares, pero neste caso o feito se mostra máis grave e preocupante por ser o autor o propio Concello.

Hai que dicir tamén que na anterior ocasión os actuantes contaban con todos os permisos que establece a Xunta de Galica por ser a zona da súa competencia. Ademais de contar coa correspondente autorización cumpríronse os requisitos establecidos nesta cuestión, sendo realizada a operación baixo inspección e vixilancia.

Dito o anterior, e ante a denuncia do grupo municipal de Esquerda Unida, cabe preguntarse si o goberno municipal do BNG contaba coa autorización da Xunta de Galicia e, de ser así, se realizou os traballos cumprindo as normas e requisitos establecidos para este caso. Por que de non ser así, a actuación do goberno municipal sería moito máis grave e preocupante.

Sería bo, aínda que non é habitual, que por parte dos responsables do goberno municipal se fixese unha aclaración pública ao respecto.

Anónimo dijo...

Espero que esta actuación salvaje, sirva para que reflexioneis sobre la continuidad del apoyo a estos señores.