Hoxe aparece publicada no Diario de Ferrol unha nova relativa á reunión mantida onte entre as delegacións de BNG, EU e PSOE. Ao fío das "concesións por parte de todos" das que fala o sr. alcalde, debemos puntualizar:
1.O acordo programático non incorpora ningunha aportación
do BNG no relativo a formación e emprego porque non as fixo. O texto
permanece inalterable con arreglo ao asumido como documento de consenso o 9 de Xaneiro.
2.O acordo programático non incorpora un novo punto sobre
a normalización lingüística. No documento consensuado o 9 de Xaneiro xa aparecía, sen incorporar a contratación dun/dunha
técnico/a como pretendía o BNG no transcurso da negociación.
3.A xestión do acordo mantén, tal e como se reflectía no
documento do 9 de Xaneiro, o respeto á vontade popular expresada nas
urnas e non recolle a pretensión do BNG de alterar a vontade da
cidadanía, pretendendo actuar como se contara cunha maioria absoluta
plenaria que a cidadanía non lle otorgou.
EU rexeita as filtracións interesadas que non responden
á realidade para intentar pór pedras no camiño. Da
negociación so debe haber un vencedor que sería a cidadanía de
Mugardos. Se o acordo fracasa, ao grupo de goberno, é dicir, ao BNG
só lle quedará un camiño: voltar a recibir o apoio, para as
súas políticas, dos mesmos a quen manifesta combatir.
2 comentarios:
Á vista dos feitos penso que cometestes un erro ao non ter feito público o contido dos acordos que para formar un novo goberno municipal alcanzastes ( BNG, EU, PSOE ) o pasado día 9, posto que posiblemente houbésedes evitado a extensión das dúbidas e as malas sensacións xeradas polos contidos do cruzamento de comunicados feitos públicos no día de hoxe.
Estádesvos a mover nun ámbito que fai máis aínda necesaria a sensatez e a transparencia que habitualmente utilizades.
No transcurso desta semana ou principios da vindeira, cremos que os documentos xa poderán ser públicos.Polo de agora son coñecidos puntualmente polas/os afiliados/as a EU e ás persoas que non son da organización e participaron na nosa candidatura municipal.
Te pedimos un pouco de paciencia e lamentamos a confusión que se pode estar a producir, pero non imos admitir que publicamente se intente vender o que non é.
Publicar un comentario