19 ene 2013

Valoración da reunión mantida onte entre BNG, EU e PSOE





Hoxe aparece publicada no Diario de Ferrol unha nova relativa á reunión mantida onte entre as delegacións de BNG, EU e PSOE. Ao fío das "concesións por parte de todos" das que fala o sr. alcalde, debemos puntualizar:



1.O acordo programático non incorpora ningunha aportación do BNG no relativo a formación e emprego porque non as fixo. O texto permanece inalterable con arreglo ao asumido como documento de consenso o 9 de Xaneiro.
2.O acordo programático non incorpora un novo punto sobre a normalización lingüística. No documento consensuado o 9 de Xaneiro xa aparecía, sen incorporar a contratación dun/dunha técnico/a como pretendía o BNG no transcurso da negociación.
3.A xestión do acordo mantén, tal e como se reflectía no documento do 9 de Xaneiro, o respeto á vontade popular expresada nas urnas e non recolle a pretensión do BNG de alterar a vontade da cidadanía, pretendendo actuar como se contara cunha maioria absoluta plenaria que a cidadanía non lle otorgou.
EU rexeita as filtracións interesadas que non responden á realidade para intentar pór pedras no camiño. Da negociación so debe haber un vencedor que sería a cidadanía de Mugardos. Se o acordo fracasa, ao grupo de goberno, é dicir, ao BNG só lle quedará un camiño: voltar a recibir o apoio, para as súas políticas, dos mesmos a quen manifesta combatir.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Á vista dos feitos penso que cometestes un erro ao non ter feito público o contido dos acordos que para formar un novo goberno municipal alcanzastes ( BNG, EU, PSOE ) o pasado día 9, posto que posiblemente houbésedes evitado a extensión das dúbidas e as malas sensacións xeradas polos contidos do cruzamento de comunicados feitos públicos no día de hoxe.

Estádesvos a mover nun ámbito que fai máis aínda necesaria a sensatez e a transparencia que habitualmente utilizades.

EU-IU dijo...

No transcurso desta semana ou principios da vindeira, cremos que os documentos xa poderán ser públicos.Polo de agora son coñecidos puntualmente polas/os afiliados/as a EU e ás persoas que non son da organización e participaron na nosa candidatura municipal.
Te pedimos un pouco de paciencia e lamentamos a confusión que se pode estar a producir, pero non imos admitir que publicamente se intente vender o que non é.