Manuel Arias sustituirá a Ramiro Pérez, que dimite como concelleiro de EU por motivos persoais.
Dende aquí
queremos agradecer públicamente o traballo de Ramiro como concelleiro durante case
dous anos. O seu traballo nas comisións, nas que actuou como
representante da nosa organización, axudou a limitar, sobre todo no
campo social, as políticas regresivas do BNG, pactadas co PP, e iniciou o
camiño para mellorar as actividades culturais e deportivas que o BNG simplemente reiterou durante estes dous anos. O
seu adeus e só na súa condición de concelleiro, xa que seguirá vinculado
á nosa organización e ó traballo que desenvolveremos dende o Grupo
Municipal. Así que ben vido ás túas novas tarefas dentro da nosa organización.
1 comentario:
Ademais da súa actividade constante e intensa como concelleiro nestes dous últimos anos, eu destacaría tamén de Ramiro a súa achega, principalmente dende este medio, á necesaria transparencia informativa e de comunicación que como cidadáns é de esperar dos nosos representantes públicos.
Dende aquí , o meu recoñecemento á súa persoa e ao seu traballo.
Publicar un comentario