23 mar 2013

Talas e destrozos nas vías públicas



Talas recentes en distintos puntos do Concello están a provocar graves danos nas vías públicas. Ao goberno municipal non parece preocuparlle a falta de licencias, a falta de avales para reparar os danos nin o incumprimento da Ordenanza municipal de espacios forestais. Aos grupos municipais de EU e PSOE si nos preocupa e por iso esiximos a paralización das talas e a aplicación da legalidade.
Fotos: Pontellas, Roibeiras.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pasado un tempo algo máis que prudencial dende a presentación da primeira denuncia destes lamentables feitos ante o goberno miunicipal do BNG sín saber ata o momento resultado ningún , en principio é motivo para pensar que nada se resolveu ao respecto e unha vez máis a consecuencia económica dos danos producidos paguémola os contribuíntes. Isto en canto á talla.
En canto aos danos en vías públicas, neste caso por outros motivos, chama moito a atención que ninguén ata agora dende o Concello, antes que ninguén o grupo de goberno, se formulase a adopción dalgún tipo de acción para emendar o estado calamitoso en que se encontra o pavimento da rúa María co grave risco que supón para os viandantes e circulación rodada, ademais do insoportable e permanente ruído que, particularmente polas noites, padecen os residentes da zona.
Segundo publica a prensa de onte e de hoxe, un caso similar sucede no Concello de Pontedeume coa diferenza neste caso que dende o goberno municipal se esixirán responsabilidades á empresa construtora.
Si cabe , tamén hai outra preocupante diferenza en Mugardos, ademais de que ata a data nada se fixo , e é que as obras da rúa María sufragadas tamén polo plan E supuxeron un custo económico moito máis elevado que no caso de Pontedeume.

O feito de por si é suficientemente preocupante e máis aínda ao contemplar que vai pasando o tempo e nada se fai ao respecto.