12 abr 2013

Comunicado de EU á prensa sobre a Cruz da fonte da Redonda





















Esta fotografía é do pasado sábado ás 13:00 horas, hora no que pechaba o Rexistro do Concello. Tras poñernos en contacto telefónico coa Policía Local, sobre as 12:30,  presentamos un escrito por Rexistro dando conta da entrega da cruz. Dado que o axente co que contactamos non chegou antes da hora de peche, por estar realizando outro servizo, vímonos obrigados a deixar a cruz no chan do Rexistro, que pechou a funcionaria de garda, e abandoamos o Concello. Minutos despóis, atopamos na rúa, por separado, ao alcalde, sr. Barcia, e ao xefe da Policía Local, a quen demos conta da entrega da cruz. O luns, o sr. Roca, concelleiro de Obras, intenta trasladar a cruz e rómpea. Por tanto, a narración dos feitos que fai o sr. Barcia no periódico é inexacto e interesado (afirma que a cruz estaba sobre unha mesa e non cita ao autor da rotura, por exempolo), polo que enviamos un comunicado á prensa para facer as oportunas precisións. Neste outro enlace, tedes outros documentos: o escrito de Rexistro, a "resposta" do Concello trala rotura da peza por parte dun membro do goberno e a denuncia que presentamos contra o sr. Concelleiro de Obras.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A ver se entendo: quitades unha cruz dunha propiedade privada, a trasladades a unha oficina!!! Logo rompe cando a intentaron quitar (dá igual a quen lle caese ao chan) e a culpa é doutros???