8 nov 2012

É a ubicación adecuada?

EU plantexou hai varios días ó goberno municipal a necesidade de buscar unha ubicación alternativa ó transformador do peirao de Mugardos pertencente á obra da EDAR polas repercusións que poidan derivarse da que parece vai ser a definitiva. O tramo da canalización dende o transformador da rúa Real xa foi modificado a petición de EU para evitar posibles repercusións negativas nas vivendas. Esta mesma preocupación a plantexamos hai meses pola ubicación do transformador no peirao do Seixo, sen éxito ningún polo momento. Non queremos esquecer que seguimos á espera para ver o estudo que Augas de Galicia se comprometeu a facer sobre o saneamento do peirao de Mugardos e as solucións para evitar os atascos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

O que non parece a ubicación adecuada é poñer unha caseta turística ó lado duns ¡¡¡contenedores de basura!!!

EU-IU dijo...

A ubicación da caseta está en precario. A súa ubicación, xa no seu momento non foi compartida por este grupo municipal por: estar ó lado dos contenedores e por entender que debía estar máis próxima á zona de atraque da lancha.
Así que esperamos que algún día se poida reubicar a caseta, e si esto fora así nos quedaría o tansformador no medio do espazo libre, por eso entendemos que a súa ubicación non é a adecuada pensando no futuro.

Anónimo dijo...

Coa de cousas que non compartiades antes (polo que vexo, nin a localización da caseta de turismo) e o amiguiños que sodes agora, medo da pensar no futuro, e non polo transformador precisamente.