8 nov 2012
É a ubicación adecuada?
EU
plantexou hai varios días ó goberno municipal a necesidade de
buscar unha ubicación alternativa ó transformador do peirao de
Mugardos pertencente á obra da EDAR polas repercusións que
poidan derivarse da que parece vai ser a definitiva. O tramo da
canalización dende o transformador da rúa Real xa foi modificado a
petición de EU para evitar posibles repercusións negativas nas
vivendas. Esta mesma
preocupación a plantexamos hai meses pola ubicación do
transformador no peirao do Seixo, sen éxito ningún polo momento. Non
queremos esquecer que seguimos á espera para ver o estudo
que Augas de Galicia se comprometeu a facer sobre o saneamento do
peirao de Mugardos e as solucións para evitar os atascos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
O que non parece a ubicación adecuada é poñer unha caseta turística ó lado duns ¡¡¡contenedores de basura!!!
A ubicación da caseta está en precario. A súa ubicación, xa no seu momento non foi compartida por este grupo municipal por: estar ó lado dos contenedores e por entender que debía estar máis próxima á zona de atraque da lancha.
Así que esperamos que algún día se poida reubicar a caseta, e si esto fora así nos quedaría o tansformador no medio do espazo libre, por eso entendemos que a súa ubicación non é a adecuada pensando no futuro.
Coa de cousas que non compartiades antes (polo que vexo, nin a localización da caseta de turismo) e o amiguiños que sodes agora, medo da pensar no futuro, e non polo transformador precisamente.
Publicar un comentario