29 ene 2013

ACTO PÚBLICO DE EU














O xoves 31, ás oito da tarde, celebraremos no Centro Cívico (fronte á oficina de Correos) un acto público para explicar o proceso de negociacións políticas entre EU, PSOE e BNG. Como adianto, ofrecemos os documentos coas propostas da nosa organización: proposta programática e de xestión de acordo e proposta de organigrama.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ademais da información facilitada a través desta páxina , é sumamente importante e por iso moi positivo o feito da convocatoria do acto público por parte de Esquerda Unida ante a preocupante situación de desgoberno que estamos a padecer, con todas as negativas consecuencias que saltan á vista.

Por iso é de agradecer unha vez máis este tipo de iniciativas por parte de Esquerda Unida e que eu espero e desexo teña a acollida cidadá que a dimensión do problema se merece sirva de exemplo á vez ao resto dos grupos políticos que conforman a corporación municipal , e de forma moi especial ao BNG por ser o grupo que ostenta e dá soporte á alcaldía e por iso o principal responsable de tan preocupante e lamentable situación .