A comisión
negociadora de EU valora negativamente a intransixencia do BNG, empecinado en
manter na Xunta de Goberno Local unha maioría absoluta que as urnas non lle
deron. Esta intransixencia bloquea a posibilidade de seguir avanzando nas
negociacións. No día de hoxe, a delegación do BNG negou, coa súa posición, a
formación dun goberno con EU e PSOE. Esquerda Unida entende que o tempo para
acadar un acordo está prácticamente esgotado, privando a Mugardos dun goberno
que non sexa rehén do PP e que dea resposta aos múltiples problemas da
cidadanía.
2 comentarios:
Para empezar , decir que la situación no es la mejor sino más bien la peor y más perjudicial para la consecución de un buen gobierno para nuestro Municipio y , con todo lo que ello supone , más si cabe aún en este momentos de grandes dificultades económicas y también de ausencia de valores y principios que aunque no de forma generalizada , sí de dimensión preocupante .
A mí de todas formas , aunque lo lamento , no me sorprenden los comportamientos y los hechos comentados por Izquierda Unida en esta nueva entrada de su blog puesto que de la lectura del comentario publicado el pasado día 19 , quizás de forma menos explítita pero entendible , ya se podía extraer la misma conclusión .
Sí alguien considera que el Ayuntamiento es su rancho , no está de más acordarse de alguna “rancherada “
….. una piedra en el camino ….. , y yo sigo siendo el rey ….
Sín ánimo de provocar a ninguén, salvo aos presuntos culpables, pero si coa intención de provocar o debate e a comunicación entre a cidadanía e os nosos representantes públicos municipais e salvando a distancia cada vez máis profunda que nos separa, teño que dicir en primeiro lugar que os veciños e veciñas do municipio de Mugardos esperamos, porque o merecemos e necesitamos, unha resposta política que conduza canto antes ao acordo de gobernabilidade rigorosa e estable que necesita máis que nunca o noso Concello.
Despois das primeiras e distintas declaracións de intencións na dirección do acordo, penso que hoxe, unha boa parte da opinión pública nos sentimos escépticos, por non dicir defraudados, ante as últimas informacións recibidas ao respecto.
En definitiva e nunha breve análise da situación tomando como base experiencias e comportamentos negativos suficientemente contrastados pódese dicir, porque é algo que non se pode ocultar si en realidade queremos que se solucione o problema, que todos os síntomas apuntan a que a dificultade para o acordo poida estar orixinada na falta de cultura política e na carencia das mínimas conviccións democráticas nalgunha das partes .
Creo que na historia democrática recente deste país, a distintos niveis da administración, temos exemplos de gobernantes políticos que se sentiron e aínda se senten incómodos co sistema democrático e de liberdades, ao que ao final polos seus propios intereses se acomodan.
Pero non é o mesmo actuar por e dende a convicción, que facelo por e dende a conveniencia.
Publicar un comentario